Mes: Abril 2021

“Na Groba liberada…”

Desde o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) vimos de presentar nestes pasados días un audiovisual que, contando coa xenerosa colaboración de Tino Baz e a forza da súa música e o seu texto, resume o noso sentir a propósito da “Invasión Eólica” que ameaza a toda Galicia e, no máis concreto, á Serra da Groba

Ler máis

Xornalixo vs. Xornalismo

Debátese nestes días encol dunha polémica nacida na lameira na que se converteu a política do Reino de España, para sermos exactos, na lameira fedorenta que é a política da súa capital e na campaña miserenta das eleccións autonómicas madrileñas

Ler máis

A lei da “ofensa e a derrama”

Oferta e demanda, sociedade consumista, administración opaca, quen fai a lei fai a trampa, espolio da terra, portas xiratorias…. E así poderiamos seguir ata mañá describindo a situación que estamos a vivir coa invasión dos parques eólicos en toda Galiza e particularmente na zona que nos afecta Serra da groba, Galiñeiro e monte da Valga

Ler máis

Letras Galegas 2021, Xela Arias

O Día das Letras Galegas é un día de festa no noso país iniciado no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a todas aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da nosa lingua. Cada ano dedícase a unha persoa diferente, escollida pola Real Academia Galega, e un dos requisitos para poder optar a este recoñecemento e ter falecido polo menos dez anos antes da homenaxe. Desde a instauración desta celebración, soamente en 1998 houbo unha dedicación conxunta aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho.

Ler máis