O trixésimo cuarto fragmento do diario de Senlúa Arraiana:

A xustiza non ten maiúsculas

A xustiza non ten maiúsculas

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

Sabía que aquel berrido era dunha voz coñecida. Non me sorprendió cando atopeime a Augazul sollozando no petril dun pequeno pozo. En canto se decatou da miña presenza sinaloume a boca do pozo. Había un corpo flotando na superficie. Non o dubidei e usando a corda da roldana baixei a por el.

Era un pozo estreito polo que puiden apoiarme contra as súas paredes para impulsar o corpo fora da auga e pasarlle a corda por debaixo dos brazos. Parecía carente de vida, pero igual estábamos a tempo de reanimalo. Aínda que era un adolescente pesaba demasiado para min e apenas fun capaz de sacar todo o corpo fóra da auga. Non tardei en oir voces e notar a tensión na cordaxe. Cando saín do pozo vin a unha compañeira, unha enfermeira experta, intentando reanimar ao rapaz. Foi inútil.

O pesaroso silencio foi roto cando aínda non perderamos toda esperanza. A pandilla de amigos do rapaz morto foron envalentonándose uns aos outros e levantado a voz. Acusaban a Augazul de empurrar ao seu amigo dentro do pozo. Un deles, o da voz máis aguardentosa, avanzou uns pasos blandendo o puño cara a rapariga.

Por sorte Augazul non estaba soa no momento do infortunio. Varias amigas aparceiras acompañabana e non se amilararon ante ante os acenos amenazadores da pandilla do rapaz morto. Rodearon a Augazul e responderon aos increpadores a berros. Segundo elas clamaban, a súa amiga zafouse do rapaz quen pretendía propasarse con ela. Empurrouno para sacalo de enriba coa mala fortuna de que o rapaz deu un traspes e volteando o petril do pozo precepitouse dentro. A punto estivo de arrastrar na caída a algún dos seus amigos que estaban sentados no petril desafiando o perigo.

O escándalo do careo entre ambas pandillas acrecentábase coa participación dos congregados. O enfrentamento polarizouse entre aparceiros e capitalinos. O cruce de acusacións e insultos trascendía aquel momento de infortunio. Ambos bandos regurxitaban o rencor acumulado sen respecto ningún so momento de duelo dos máis achegados ao rapaz morto.

Non conseguimos acougar os ánimos e a situación estaba a punto de desembocar nunha batalla campal. Varias intentamos mediar facendo un chamamento á calma e fumos apartadas a empellóns. Cando xa me resignaba para o peor viu o estruendo salvador. Oportunamente Puxeiros O Roxo ordenara á patrulla disparar ao aire para reconducir a situación. Foi efectivo, sobresaltados todo o mundo enmudeceu.

Nese silencio sobrevenido erixiuse a voz do Roxo coa súa ronca sonoridade. A súa experiencia como xuiz de paz dáballe seguridade a súa fala resultando así convincente para as partes en disputa. Algúns dos presentes aínda se lembraba de el e da súa sona de xusto e equitativo. Cada vez que dunha das partes xurdía un incipiente murmurio polo dito, acalaba a desaprobación recitando a xurisprudencia axeitada sen aforrarse nin unha coma da súa inescrutable xerigonza. E así con máis máxia e con palabrais máis inintelixibles que a Gran Feiticeira acadou un acordo entre partes. A fráxil entente non carecía de aristas, pero sortearamos o perigo dunha trifulca que nos devolvera a casilla de inicio.

O Roxo non quiso recoñecer nunca canto da súa proposta inicial foi modificada pola zozobra de improvisacións para superar a marexada. Todos os implicados, tanto Augazul como as testemuñas, foron arrestados e levados ao cuartel. Para que poideran declarar con calma e sosiego foi a xustificación do Roxo. En realidade a intención era illalos uns días para que a súa presenza non contribuíra a aumentar a crispación.

Pola mesma razón ofrecimos á familia do falecido unha sala do alcázar para velar ao seu fillo. Non lle resto mérito ao Roxo, pero está xente sólo con oír mencionar o alcázar volvíanse temerosas e sumisas. Podíamos sorrir todo o que quixeramos que en última instancia éramos a representación do poder.

Nós non podíamos xulgar a Augazul, calquera resolución nosa abriría unha fenda infranqueable con algunha das partes se non con ambas. Absolvendoa, sería o xusto, conservariamos o favor dos aparceiros, pero alporizaría aos capitalinos. Non descoñecíamos que entre a poboación había aínda prosélitos da secta que demonizou ao meu pai e que estos estaban axitando a poboación en contra nosa. Sempre foi unha secta minoritaria que foi usada como soporte doctrinal pola xefatura militar para o golpe de estado. Trás o golpe e durante a represión tiveron o seu momento álxido de influencia. Arevaléfica se apoio neles para asaltar o poder da Colmena para posteriormente descabezar a secta en canto os seus diáconos deixaron de comulgar con ela e comenzaron a estorbar nos seus plans.

Non foi doado argallar unha solución procesal. Ademais necesitabamos un proceso que se dilatara no tempo e os sentimientos agora a flor de pel foran soterrados polo suceder de novos acontecementos. Parecía inevitable a constitución dun xurado popular pero necesitabamos o beneplácito dos clans aparceiros. Non podíamos enfrontarnos co noso único aliado natural naquel avispero.

Acordamos en segredo coas familias aparceiras que na selección do xurado eles terían a metade da representación. Garantímoslles ademais que se as circuntancias demandaban unha condena, esta sería leve e levadeira para a rea. O Roxo oficiaría de xuíz e teríamos o suficiente control do proceso para que este se alongara e a sentenza non estivera determinada polas circunstancias actuais. Tiñamos que ter moito coidado de que o xuizo da rapariga non se convertera nun litixio entre aparceiros e vilanos, e o seu veredicto fora ditado pola xenreira entre eles.

Para comunicarlle a decisión aos habitantes de Vilania convocamos unha xuntanza na praza maior. A poboación da capital vírase reducida a uns poucos milleiros entre as purgas, a hambruna e a pandemia de disentería, polo que con unha única xuntanza sería suficiente para que a mensaxe chegara a tida a poboación. Aínda así acordamos que as patrullas foran pregonando o bando por todos os recunchos da cidade e impedir no posible que fora terxiversado.

O día da xuntanza a praza estaba atestada de xente. A maioría deles agardaban escoitar unha sentenza condenatoria e que axusticiaramos a Augazul alí mesmo. Estaban afeitos a que por moito menos o reo era descuartizado e exposto na picota. A decepción foi contida polo anuncio de que eles mesmos xulgarían. Non agardaban que lles propuxeramos aquela implicación e responsabilidade no proceso. Cando comezaron a aceptar que hoxe non habería espectáculo continuamos explicando o proceso aos que quedaban na praza. A escolleita do xurado faríase por sorteo entre toda a poboación e para garantir a imparcialidade era necesario facer un censo. Como xa prevíamos que se enardecerán as impaciencias acostumado a ver rodar cabezas ipso facto, tamén solicitamos a súa colaboración na elaboración do censo.

Deste xeito volcabamos sobre eles a responsabilidade da demora no xuizo. Iso si, deixamoslle ben claro que nós non queríamos que a aplicación da xustica non se dilatara no tempo, así en breve comenzariamos coa selección dos voluntarios que axudarían a facer o censo dos habitantes para o sorteo dos integrantes do xurado popular. E rematamos entre vítores e aplausos dos poucos entusiastas que quedaban na praza.

Se non fora pola firme convición dos nosos propósitos pouco nos diferenciariamos do xeito arbitrario de actuar da Colmea. Eramos conscentes de que os medios empregados condicionarian o fin perseguido, pero quen non é vítima das circunstancias. Ostentar o poder militar sólo garantía perpetuarnos no poder, pero non acadar a transformación social que desexábamos.