VICTORIA ALONSO DENUNCIA DIANTE DA FISCALÍA A ACTUACIÓN DA ALCALDESA E A XUNTA DE GOBERNO DE MOS POLAS OBRAS DA CIDADE DO CELTA

Denuncia xulgados Sede Celta Mos

“Nidia Arévalo e Carlos Mouriño puxéronse de acordo para executar un “ti vai facendo 3.0”, que consistiu nun plan premeditado para fraccionalo macroproxecto en cachiños, como se fose un puzzle”

A voceira socialista en Mos, Victoria Alonso, presentou esta mañá escrito de denuncia diante da Fiscalía para reclamar a apertura de dilixencias indagatorias sobre a actuación da Xunta de Goberno de Mos e a alcaldesa, Nidia Arévalo, en relación á concesión de licencias directas ás dúas fraccións da “Cidade do Celta” executadas nos montes de Pereiras e que veñen de ser anuladas por unha sentenza do Xulgado do Contencioso número 3 de Pontevedra.

Victoria Alonso cumpre así o anuncio de que levaría “o maior pelotazo urbanístico da historia recente de Galicia” ata a Fiscalía para que se investigue se as actuacións impulsadas pola alcaldesa teñen encaixe penal por ter eludido a obriga de comezar o expediente coa tramitación dun Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas (PEID) e por utilizar a vía dos feitos consumados “troceando o macroproxecto en cachiños nun escandaloso fraude de lei”. “Nidia Arévalo e Mouriño puxéronse de acordo para un “ti vai facendo 3.0” que consiste en ir dando licenzas parciais ás pezas do macroproxecto como se fose un puzzle, para logo, cando non tiveran máis remedio, tramitar o PEID cos seus respectivos informes sectoriais”. E todo elo desoíndo aos grupos municipais que levaban advertíndolle dende 2019 que o expediente tiña que comezar coa tramitación e aprobación do PEID.

A concelleira cualifica estes acontecementos como “un plan premeditado” que vai máis alá do ámbito administrativo e que, de consolidarse, suporía un perigosísimo precedente,” pois sería tanto como admitir que a partir de agora tódolos proxectos complexos que se queiran facer en solo rústico forestal poden acometerse tirando para adiante, fraccionando o proxecto para disimular a envergadura, e logo, cando non quede máis remedio, aprobar o Plan Especial urbanístico que debería ser a base de todo o expediente”. Engade que en Mos houbo “barra libre para a depredación do territorio, poñendo á Administración local ao servizo dun empresario millonario e todo elo coa complicidade, por acción ou omisión, da Xunta de Galicia”. 

Entende a voceira socialista en Mos que tanto a Xunta de Goberno local como a alcaldesa puideron ter cometido un delito contra a Administración Pública. No seu escrito á Fiscalía, Alonso explica que a Xunta de Goberno de Mos aprobou os acordos de 20.11.2018 e 30.10.2019 para conceder as licenzas dos campos de fútbol e soto e para o edificio de vestiarios e instalacións auxiliares, respectivamente, infrinxindo o artigo 36.4 da Lei do Solo que obriga a tramitar previamente o PEID.

Engade que o grupo municipal do PSdeG-PSOE advertiu reiteradamente da neglixente xestión na tramitación das licenzas vinculadas ás obras do Real Club Celta de Vigo, “sen que ningunha das súas peticións fose estimada” e por todo elo insta ao inicio das dilixencias indagatorias.