Mes: Agosto 2021

A festa de San Lourenzo volve a Fornelos

O pasado día 10 de agosto, dunha forma moi reducida e con estrita observancia dos protocolos sanitarios, celebrouse San Lorenzo na praza de Fornelos. A xornada contou coas actuacións musicais da banda de música de Vilatuxe e da orquestra Os Satélites e o seu éxito foi incontestable amosando que a veciñanza de Fornelos, igual que en calquera outra parte, ten necesidade de socializar e de gozar do seu lecer pois a parte lúdica é inherente á especie humana

Ler máis

De negacionismo e covardía

Negar a evidencia, a realidade, feitos relevantes e datos obxectivos, alegando a existencia dunha conspiración ou trama oculta. Iso é o negacionismo. As e os negacionistas rexeitan todo o que non convén ao seu marco de pensamento, o que contradí o seu relato sobre o que aconteceu ou o está a acontecer. Algo na mesma liña do tan coñecido conto do traxe do emperador.

Ler máis

XIV Festival Millo Verde de Redondela

Os próximos días 17, 18 e 19 de setembro, na praia de Cesantes, volve un ano máis, e xa son XIV , o festival Millo Verde de Redondela, unha das citas imprescindibles nos veráns da nosa vila antes de que a pandemia vírica viñera ás nosas vidas a facer normal a anormalidade. Agardemos que esteamos, paso a paso e pinga a pinga, dando os pasos necesarios, e no camiño correcto, para podermos esquecer pronto estas horribles circunstancias. Nós falamos con Lucía, unha das responsables da organización do festival

Ler máis