O pasado día 10 de agosto, dunha forma moi reducida e con estrita observancia dos protocolos sanitarios, celebrouse San Lorenzo na praza de Fornelos. A xornada contou coas actuacións musicais da banda de música de Vilatuxe e da orquestra Os Satélites e o seu éxito foi incontestable amosando que a veciñanza de Fornelos, igual que en calquera outra parte, ten necesidade de socializar e de gozar do seu lecer pois a parte lúdica é inherente á especie humana. Agardemos que esteamos no camiño definitivo para superarmos este horrible pesadelo pandémico, que cambiou as nosas vidas, e que no ano 2.022 poidamos vivir unhas festas de San Lourenzo en plenitude, sen ningún tipo de restricións e cuxo único límite sexan as nosas gañas de gozar.
Artigos relacionados
Emiliano Lage Alcalde de Fornelos de Montes
É tradición desta casa , achegarnos no mes de Xullo ata o fermoso concello de Fornelos de Montes a interesarnos polas súas festas de agosto. Desta volta a nosa visita foi diferente, pois ao igual que no resto do país galego, as circunstancias sanitarias que estamos a vivir poñen en serio risco todos os eventos festivos deportivos e culturais deste verán. Porén non quixemos deixar de cumprir algo tan agradable para nós como visitar un dos concellos máis bonitos do mundo e conversar co seu alcalde sobre como viviu a súa veciñanza o confinamento e como está sendo a desescalada […]
Emiliano Lage. Alcalde de Fornelos de Montes
Non hai mellor forma de rematarmos o ano que achegándonos a Fornelos de Montes, o pobo máis bonito do bonito do mundo, pola súa inmensa beleza física e polo acougo e serenidade que transmite […]
Fornelos de Montes prepárase para a súas festas
O concello máis fermoso do mundo, o recuncho do país galego onde a paz o acougo e a beleza están todas as esquinas da localidade, Fornelos de Montes, prepárase para comezar as súas festas […]