O gran poeta do Baixo Miño, Francisco Álvarez “ Koki”, acompañado polo director da Peneira, Tino Lago, presenta o venres 6 ás 20:30 os seus libros na SLC de Reboreda

Este venres 6 de xuño, teremos a ledicia e a oportunidade de ter con nos o poeta da Guarda Francisco Álvarez Koki. Autor de unha obra importante en diferentes xéneros, poesía, narrativa (libros) ilustrados para nenos e tamén cunha incursión no teatro coa obra co dramaturgo colombiano Miguel Falquez, colaboración coa que ganaron o premio Novas Voces, coa obra de tema social Quemar las Naves. Convocada pola compañía de teatro Repertorio español. Koki quen tamén e produto da emigración amósanos nestas dúas obras, Ratas en Manhattan, narrativa e Mais aló de Fisterra poesía, que na vida e no ser, o tema social ten que ter unha vital importancia, pois fálanos da dignidade e os dereitos de cada un. Hoxe mais que nunca a defensa e a solidariedade e moi necesaria ante os sucesos que son malas novas de cada día. Por iso nestes e outros textos Francisco Álvarez Koki,

fálanos da autenticidade, desa auga tan escasa hoxe en día.