
A actividade, organizada e financiada polo Concello de Gondomar,propón percorrer o Camiño portugués pola costa en catro etapas que permitirán aos participantes recibir a Compostela unha vez cheguen a Santiago.
Ben cedoe con moitas ganas de gozar da experiencia osalgo máis 50 peregrinos que se sumaron á actividade, organizada pola Concellería de Turismo, poñíanse en marcha desde o Auditorio Municipal Lois Tobío para cubrir a primeira etapa Gondomar-Vigo, na que percorrerán un pequeno tramo doCamiño da Nosa Señora do Norte para sumarse ao Camiño Portugués pola Costa ao chegar a Nigrán,roteiro que seguirán xa durante toda a peregrinación.
Ese camiño, de algo mais 100 quilómetros, é oque cubrirán en catro etapas na que cada sábado de setembro percorreránpreto de 30 quilómetros como media, cubrindo así a segunda etapa o día 11 de setembro o tramo Vigo-Pontevedra; o día 18 de setembro, Pontevedra-Valga e, finalizar, o día 25 de setembrocubrindo ou tramo Valga-Santiago de Compostela.
Cada xornada un autobús desprazará aos participantes desta actividade ata o seu regreso a Gondomar unha vez completada cada etapa, e viceversa. Ademais irán acompañados en todo momentodevehículosde apoioloxístico, persoal da organizaciónpor calquera imprevisto que poida xurdire contarán con varios puntos de refresco, con froita, augae doces.
Dende a concellería lémbrase que, como en todas as actividades que se veñen realizando dende o goberno, respectaranseen todo momento as medidas de prevención fronte aCovid, e para seguir garantindo a seguridade, facilitaráselle unha mascara a cada peregrino antes de cada etapa.
A organización deste evento responde á demanda quemoitos veciños e veciñas fixeron chegar a concellería interesados en facer o Camiño de Santiago coincidindoco ano Santo, percorrido “que en cada etapa cubriremos sempre tendo as características e necesidades do grupo”.