O Concello habilita o seu segundo espazo de recreo para cans na no núcleo urbano de Nigrán

Paque cans Concello de Nigrán

Trátase dun parque moi similar ao creado no 2019 na Ramallosa, ubicándose este nunha parcela fronte a nova Biblioteca Municipal

Nigrán, 22 de setembro de 2021

O Concello de Nigrán ven de habilitar o seu segundo espazo específico de esparexemento para cans do municipio (o primeiro está na Ramallosa) no núcleo urbano de Nigrán, nunha parcela municipal fronte a nova Biblioteca, en Estrada pola Vía. Este ocupa 350 metros cadrados en forma cuadrangular e están pensado para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa. A superficie, de céspede natural, está sendo delimitada cun peche perimetral de malla metálica ríxida para garantir que os cans non escapen. Ademais, dotarase a zona de sanecáns para depositar os excrementos e, máis adiante, de bancos e elementos de distraccións específicos para este animais. Un panel informativo recordará as normas de uso, que inclúen a recollida obrigatoria de excrementos ou que estexa sempre vixiado polo seu dono. O parque foi realizado por operarios municipais e requiriu de moi pouca intervención, xa que o Concello optou por reconvertir esta zona de xardín infrautilizada neste novo uso.

“Trátase dunha zona moi urbana onde había demanda por parte dos veciños dun espazo específico para cans”, explica o alcalde.