Porriño, a 4 de novembro de 2021
Yonay Gómez: “Dende podemos Porriño non estamos a favor de ningunha moción de censura que lle dea a alcaldía ao Partido Popular”.
Ante as diferentes informacións aparecidas nas últimas datas tanto en medios de comunicación como nalgún comunicado de prensa emitido por algunha organización política en particular, nos que se vincula a esta Organización ao espazo político EU SON PORRIÑO, así como ante as posibles confusións que sobre este particular poidan existir entre o conxunto da veciñanza,
PODEMOS PORRIÑO manifesta que, foi parte integrante de EU SON na candidatura electoral presentada nas eleccións municipais do ano 2019, na que participaron inscritos e inscritas da formación morada. Aseguran que a súa militancia abandonou por completo ese grupo municipal, por mor no seu día, das discrepancias na investidura da actual alcaldesa socialista.
Yonai Gómez, voceiro municipal de Podemos no Porriño, declarou estés días que, “Por todo o que como organización representamos e como parte que contribuíu activamente no seu tempo tanto no conxunto da súa estrutura como a través do traballo individual da nosa militancia no municipio porriñés a acadar a representación que EU SON ostenta na actualidade, desexamos que se reconduza a situación actual entre os grupos progresistas da corporación municipal, e se establezan vías de diálogo construtivas onde os obxectivos programáticos comúns primen por riba das diferencias persoais”, Gómez tamén declarou que, “Dende Podemos Porriño, estivemos en todo momento en contacto coa dirección provincial do noso partido, e NUNCA apoiaremos unha posible MOCIÓN de censura que lle dea a alcaldía ao Partido Popular”.
O voceiro provincial da marca morada Román González, amosou a súa preocupación sobre este asunto, e declarou estés días que,”un partido que se di de esquerdas xamais pode apoiar Unha moción de censura a cal lle dea a alcaldía ao Partido Popular, por ética política e por dignidade persoal”, González tamén declarou que,”a estas alturas da lexislatura, os grupos municipais deberían estar traballando en ofrecerlle unha alternativa viable á veciñanza para poder afrontar un futuro próspero para o Porriño, e non estar perdendo o tempo en asuntos perxudiciais para a saude municipal deste concello”.