A agrupación socialista anuncia que non participará da Festa da Rosa en rexeitamento ante o acontecido ca organización

Festa da Rosa Psoe

Por primeira vez e despois de 50 anos de celebración, a Festa da Rosa non terá o seu acto institucional en Petelos. Viña sendo habitual, enmarcar na programación diversas actividades que se celebraban noutras localizacións pero respectando o acto da praza do concello.

Este ano o goberno decidiu, sen consultalo ca veciñanza de Petelos, Mos e cos partidos da oposición, que as actividades movíanse ó entorno do Pazo. Alegan que esta decisión basease en que a festa poida medrar, medida que viñan valorando dende fai anos pero que non se deu o paso ata este momento e que foi trasladada a asociación de veciños de Petelos fai menos dun mes cando tódolos preparativos estaban en marcha.

A bancada socialista quere recordarlle ó goberno que hai que respetar a historia do noso concello pero tamén as tradicións, e esta decisión sen estar consensuada é unha falta de respeto para toda a parroquia de Petelos e para as e os veciños que tentaron aportar e sacala a diante durante 50 anos. Tamén recordan que o investimento na praza do concello e o proxecto estaban xustificados no seu día para favorecer a celebración da Festa da Rosa.

Os socialistas insisten que esta é outra demostración de que o Partido Popular non ten un proxecto a longo prazo para o concello, xa que o espazo máis axeitado por ser o centro e por ser municipal é na contorna do Multiusos. Aproveitan para dicir que si durante estes anos, dende o concello se fixese unha aposta por poñer en valor dito espazo podería albergar a Festa da Rosa e moitos outros eventos.

Os socialistas trasladan que a decisión de non ir o acto institucional tamén ven derivada de que a festa sempre foi laica, sen vinculacións relixiosas e cada vez estase a perder máis a súa esencia. Recalcan o feito de que este ano vanse facer uns nomeamentos que foron trasladados o mércores a oposición sen dar tempo de ser participes e aportar suxestións. Inciden no feito de que dende o goberno se lles dixo que eles son goberno e toman as decisións.

Finalizan insistindo en que respetan a tódalas parroquias, que hai espazos onde facer as actividades sen ferir o sentimentos de ninguén e sen esquecer as tradicións.