Son os cartos os que mandan no mundo

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

(E funcionan como un Club de elite)

Manuel Alfonso Estévez

E ninguén manda mais que o SANTO DIÑEIRO, e así vamos la andando, e formando parte desta Axenda, co terrorismo de Moscú, coa guerra de Ucrania, Irán, Palestina, Israel; a intelixencia artificial, e toda a crise mundial que nos afecta a todos nuns momentos de desorde mundial.

Toda unha Economía, sen ética, onde os malvados, están desfacendo a natureza do planeta, e sobre todo a especie humana.

Asi vemos a mulleres e homes, sacrificados polos ídolos do beneficio e consumismo, e a cultura nunha desfeita. A perda dun ordenador, por exemplo, é unha pobreza e chamada a humanidade…

No mundo non mandan os homes, mandan os cartos, que custodian o Planeta enteiro.

Nenos morrendo de frío e fame, ¡Que importa! E normal, e ninguén se escandaliza, pero si fallan as Finanzas, ¡Ollo! Que é unha traxedia humana.

E vergoñenta, como a vida humana se innive dos pobres, dos enfermos, dos que non serven, como os vellos, porque estamos na “cultura da desfeita” e non somos capaces de darlle valor o xusto, principio cooperativo que vai mais aló da Economía.

¡Que lonxe vivimos de respectar a Creación do acordado da xente! Do contraste da cultura, co disipar e o desexo; da solidariedade, outro principio cooperativo, tan importante, como necesario. Actualmente nos guía asoberbia do dominio, do posuír, da explotación, etc.

Hoxe, poder, diñeiro, influencias mandan no mundo; prensa, radio, tv. Falan permanentemente do verdadeiro poder do san cartos, que é o mais importante da vida.

O verdadeiro poder, é a arma mais potente que combina Cartos e Influencias prestándose a modelar o mundo o seu antollo.

Non fai falta mais que acender o televisor para ver como se move e funcionan as fortunas, os activos financeiros en tódolos países do mundo. O impacto e o poder do algoritmo personalizado en cada un, e logo despois, as combinacións métricas.

Avergoñado estou, de ver a lista dos mais de 50 actores, entre os rankings, reunidos coas súas orixes e historias que van mais aló do que pasa na TV. Todos eles son unha empresa ou club, que controla o mundo, de grande calado, é as raíces se estenden ata o infinito, en tódolos sectores do planeta.

Este Club de elite, que controla o mundo, ten capacidade de xestión financeira, dos Fondos de Inversión mais importantes do mundo, ten banco nos foros da Economía, nos consellos de administración, universidades e entidades financeiras privadas. É imaxinable o control e os tentáculos, ante esta realidade.

Un para todos e todos para un, outro principio cooperativo, que deberíamos empregar nós e non este Club de elite, e de grande calado para o control do mundo.

E fácil entender pois, a forma de xestión do control mundial das cúpulas do poder. As guerras e os desaguisados políticos mundiais dos que nos gobernan, son debidos a capacidade que teñen de aumentar o seu valor rapidamente, buscando movementos seguros, para aumentaren a súas grandes ganancias sen risco. E asi xestionan día a día, o poderío e a influencia que segue crecendo a cada segundo que pasa, e nós aquí seguindo na encrucillada.