Estimada a demanda da CMVMC de Tameiga contra as obras feitas senpermiso en solo da comunidade, fronte a Residencias Doral ●

O tribunal dictamina que resulta “_palmario que o concello deMos ocupou uns terreos alleos, que non lle pertencen_, así comorealizou unhas obras sen contar co título habilitante”●​O xulgado evidencia que o goberno de Mos ocupou terreo veciñal,carecía de autorización de estradas e non actou polo interese xeral

  Mos, 10 de setembro de 2026.- O 26 de febreiro, o Concello de Mosrealizou obras “_contrarias a dereito_” en terreos propiedade daComunidade de Montes de Tameiga, no Chan da Cruz, fronte á ResidenciasDoral. Así o ratifica a xustiza, que vén de estimar íntegramente adenuncia presentada pola veciñanza comuneira.

A sentenza do Contencioso-Administrativo do Tribunal de instancia dePontevedra acreditaque o goberno local de Mos ocupou terreo alleo, “_atopándose a zonaafectada polas obras_ _dentro dos límites do monte comunal_”.

En segundo lugar, ademais de invadir solo comuneiro, o xulgado revelaque o goberno local de Mos carecía das autorizacións pertinentes paraacometer ditas obras. Con independencia da titularidade, o Concello deMos debía “_solicitar a autorización pertinente do organismo deestradas, neste caso, a Deputación de Pontevedra, por ser quen ostentaa titularidade de dita vía_”.

Ao respecto, o Tribunal conclúe que “_nada se achegou polo concellode Mos que acredite que tiña autorización para executar as obras quenos ocupan. Polo tanto, é certo que actuou sen cobertura legal e fórado procedemento recoñecido a tal fin_”.

Por outra banda, o xulgado desbota o suposto interese público daactuación municipal fronte a Residencias Doral, defendido polas partesdemandadas. Así, a sentenza indica que o goberno de Mos “_nonacreditou que ditas obras se executaran nun claro interese público,máis aló de beneficiar á entidade codemandada que se atopa ao outrolado da estrada, habilitándose aparcamentos para as persoas que alíacudían_”.

A conclusión da xuíza é rotunda: “_resultou palmario que o concellode Mos ocupou uns terreos alleos, que non lle pertencen, así comorealizou unhas obras sen contar co título habilitante_”. Enconsecuencia, o Contencioso-Administrativo condea a abonar as costas áparte demanda e ordénalle o “_cese na ocupación que realizou ámarxe do procedemento, regularizando a ocupación que obtivo pola víado feito de ditos terreos, en caso de que proceda, mediante areposición do terreo ao estado inmediatamente anterior áactuación_”.As obras no Chan da Cruz

A Comunidade de Montes de Tameiga tivo que recorrer á vía xudiciallogo de esgotar a administrativa. O 12 de marzo, despois dos traballospara crear aparcamentos, a entidade comuneira denunciou estas obras senautorización ante o Concello de Mos. Pasado o tempo legalmenteestipulado, o goberno local mosense nin repuxo a legalidade nin sequerarespondeu ao requerimento da Comunidade.

Foi entón cando a Comunidade de Montes de Tameiga decidiu repoñer acanalización existente antes das obras (por ser imprescindible para aprotección da masa forestal, por exemplo, ante eventuais escorrentíasde agua) e acudir á vía xudicial para facer valer os seus dereitos.

Hoxe, logo de tantas declaracións públicas realizadas polo goberno deMos e representantes de Residencias Doral atacando á Comunidade deMontes, a xustiza avala a posición da veciñanza comuneira de Tameiga.

Por outra banda, e coñecendo das carencias de estacionamento existentesna zona derivadas –tal e como trascendeu aos medios– dos acordosentre Residencias Doral e o RC Celta de Vigo SAD, a Comunidade de Montesde Tameiga volve poñerse á disposición de todas as partes para axudara buscar unha solución na medida das súas posibilidades, sempre ecando non implique a perda de espazos verdes nin de masa forestal.