Comeza unha nova temporada nas ligas de balonmán, e un ano máis os nosos amigos do balonmán Chapela afróntana a tope de ilusión coa intención de que o equipo sénior feminino ascenda a primeira categoría autonómica e o masculino poida repetir, como mínimo, a fase de ascenso que disputou a pasada temporada.

A xestión diaria deste tipo de equipos só pode ser posible cando hai persoas comprometidas e altruístas que lle dedican boa parte das súas vidas persoais a axudar a que o club poida seguir existindo. Unha delas é María, a presidenta do equipo, e boa amiga da nosa publicación.

María González Lago, presidenta.

“ Gustaríame que a sociedade Chapela se implicase un pouco máis co seu equipo”

Dende o 2020.

Ha, ha, ha…. Veremos o que acontece. Hai que deixar entrar xente nova.

Somos sete persoas.

Moitas mulleres e poucos homes.

Non, facémolo entre todos. Eu levo a parte máis institucional, subvencións e todo iso. Despois outra leva as contas, outra controla os equipos…Repartímonos por áreas

Coa idea de chegar á Final Four. Refírome aos dous equipos sénior, tanto no feminino como ao masculino.

O masculino, en Primeira Autonómica; o feminino, en Segunda.

Pois pola parte económica, os equipos deberían estar en Primeira Autonómica, os dous. A nós gustaríanos que estivesen en categorías superiores. Pero as realidades económicas son complicadas. Entón, para estar tranquilos e non ter problemas como os que houbo outros anos…Pois nestes intres o máis importante sería iso: consolidalos en Primeira Autonómica, os dous.

Si. E que quede claro, todo o que veña a maiores benvido sexa

Si.

Cinco, creo.

Para unha zona como Chapela é máis que asombroso, porque ao final nós somos unha parroquia dun concello.

Si, acórdome, claro que me acordo. Podo dicirche que naquela época era máis fácil conseguir pasta que agora. Había máis diñeiro da empresa privada. Hoxe a empresa privada é máis complicada. Naquela época estaba Pescanova, cando se ascendeu.

Claro. Patrocinaba todo aquí en Chapela. Ao club de balonmán e ao de fútbol.Despois si que é verdade que, cando se ascendeu, nos anos seguintes, Pescanova nos deixou colgados dun día para outro.Aquí veu ao rescate Manolo deRedcom. Tamén estivo uns anos axudando o Restaurante O Canario.

Si, o Canario fun dos mellores patrocinadores que tivemos sempre, porque sempre estaba aí. Cando non había ninguén, eles nunca fallaban.

Claro. Aí estamos tranquilos, cómodos economicamente. Que nos gustaría dar un paso máis? Si, pero necesitamos máis axuda da empresa privada. Xa non falo de subvencións, porque iso está todo baremado. O orzamento é o que hai. Sabes que eses son os cartos que podes levar dunha subvención.

O obxectivo do masculino é volver chegar á fase de ascenso. O ano pasado chegamos á Final Four, non nos metemos na final por nada.

Perdemos contra Seis do Nadal, que despois perdeu contra a SAR. Ou sexa, que podería ter sido unha final SAR-Chapela, que sería unha final súper bonita,

Non, despois o ascenso é moi complicado, porque hai equipos verdadeiramente potentes.

Si, o obxectivo é volver disputar a fase de ascenso.

Se se pode, ascender directamente a Primeira Autonómica. Ese é o obxectivo. O mínimo é a Final Four pero como ilusión chegar ao ascenso directo a Primeira Autonómica gañando a Liga.

Pois agora mesmo hai un equipo por categoría. Hai xuvenil, cadete e infantil, alevíns hai catro ou cinco, e despois en benxamíns igual debe haber outros dous. E logo, nos pequeniños, normalmente para dous ou tres tamén hai. Sobre doce equipos.

A metade. Menos nos equipos de benxamíns e alevíns que van mesturados, os demais temos equipo masculino e feminino.

O ano pasado andabamos en total sobre 180. Este ano igual un pouco menos.

A maioría son de Chapela e de Teis.

Non temos queixa en canto á subvención, pero sempre esperamos algo máis. Pero tamén hai que entender que somos un concello que ten un montón de equipos, hai moitos deportes, e hai que repartir entre todos.

Aí si que igual necesitabamos un pouquiño máis de mantemento, porque este pavillón, por exemplo, está 24 horas practicamente en funcionamento. Porque pola mañá ven o alumnado do instituto e despois hai actividades. Está funcionando permanentemente. As duchas son as mesmas que cando eu era cadete e vou facer 48 anos. Hai cousas ás que si que habería que meterlle man, non é que estea mal nin nada, pero habería que darlle unha volta ao pavillón.

Sobre 80.000€ anuais.

Entre as subvencións e as cotas de xogadores e xogadoras. Verdadeiramente somos dos que menos cobramos. Cobramos moi axustado. A roupa e equipaxes agora se compra, non se dá, porque se non, non nos chega. Pero cobramos ao prezo de custo. Por exemplo, a ti véndoche un chándal que me vale 45, pois a ti doucho por 45.

Ou sexa, que entre as subvencións, as cotas, os socios, as publicidades, de aí sacamos o orzamento anual.

Ben, as que se portan, pórtanse. Pero hai outras que non achegan ningunha axuda, non che abren nin a porta.

A xente que está porque ten fillos ou familiares aquí implícas