Chámome Senlúa e son punta de lanza do panarrianismo para que a irmandade impere na Terra, polo menos no anaco de terra habitable que nos resta despois da hecatombe.
Hoxe foi o día. Hoxe demos o salto mortal sen rede. Puido o abismo abrirse aos nosos pes e engulirnos o terror, mais non foi así.
Dúas xornadas tardamos en deixar atrás os médanos e achegarnos as inmediacións de Anatolia. A cita co destino obrigábame a agochar a miña agonía. Repetíame a min mesma que non podía fallarlle a Gataparda. Non tiña dereito a ser feble. Debía apertar a mandíbula e enterrar a miña dor nas entrañas. Era o derradeiro acto de Senlúa e non ía facer mutis polo foro.
–Somos as vosas nais, as vosas fillas, os vosos pais, fillos, curmáns, tías e avós, somos vós e vós sodes nós. Baixade as armas, mirade ao fronte, deixade o terror atrás e xuntémonos nun só pobo –resonou a voz de Terranova desde o alto o outeiro. Co sol ás costas, a súa longa figura semellaba levitar misticamente sobre a ardente area.
……
Así comeza o derradeiro capítulo do Diario de Senlúa Arraiana, se es lector de A Nova Peneira e desexas saber como remata a historia da nosa heroína, podes conseguir o libro a un prezo especial (10€). Cubre este FORMULARIO para realizar a compra.