Gondomar promove a formación en materia deigualdade entre os clubes deportivos

Club de deportes Gondomar

Gondomar 14 decembro 2021

O goberno de Gondomar, a través da súa concellería de Igualade, dirixida por Nuria Lameiro, da un paso máis na súa loita pola consecución da igualdade real e poñerá en marcha unha campaña de sensibilización e formación nesta materia no seo dos clubes deportivos do municipio, dos que “esperamos lograr a máxima implicación e colaboración”.

A primeira rolda de contacto tívose esta mañá nun encontro ao que foron convidadas todas as directivas dos clubes de fútbol de Gondomar. Asistiron, finalmente, o Lóstrego Club de Fútbol, o Gondomar Futbol Base, o Club deportivo de Couso, o Chaín Club de Fútbol e o Cereixa Gondoma Fútbol base de Chaín, mostrando o seu interese polas propostas expostas pola concelleira e a técnica do Centro de Información da Muller.

Sobre a mesa a posibilidade de realizar cursos de formación enmateria de igualdadedirixidos ás directivas, os corpos técnicos e, no seu momento, aos propios xogadorese xogadoras. “É fundamental a implicación de todos os sectores da poboación nesta loita, moito máis daqueles que teñen unha repercusión clara sobre miles de persoas, como son os seguidores/as dos deportes”.

A iniciativa, tal e como explicaron a concelleira, Nuria Lameiro, e a técnica do CIM, Susana Fernández, terá continuación con futuros encontros coas persoas responsables de outras disciplinas deportivas que se practican no municipio.

Ademais expúxosea posibilidade de contralaros temas musicais que se emiten durante os encontros para evitar aqueles que coas súas letras perpetúan actitudes machistas e denigrantes cara ás mulleres. Durante o encontro expuxéronse algúns exemplos, trasladándolles as letras ás directivas que mostraron a súa disposición de ter en conta esta proposición.

A concellería de Igualdade segue dando pasos dentro do 4 plan municipal de Igualdade oportunidade mullerese homesdo Gondomar 2017-2020(prorrogado ata o 31/12/2022), que entre os seus obxectivos contempla a “realización de actividades de sensibilización e promoción da igualdade en colaboración con clubes deportivos locais, co fin de potenciar unha práctica deportiva libre de estereotipos de xénero”.