A elevada débeda do consistorio, ao redor dos 15 millóns, provocará que Ponteareas deba executar un Plan de Axuste que terá que aprobar antes do 22 de marzo.
Dende ACiP xa avisamos desta problemática en outubro, e posteriormente ante a falta de aprobación do presuposto para o presente ano.
Ponteareas, 17 de febreiro de 2022
No día de hoxe a prensa faise eco da imposición de recortes, por parte do Ministerio de Facenda, a 140 concellos galegos, entre os que se encontra o Concello de Ponteareas. Para facer fronte a este Plan de Axuste, o ente municipal estará obrigado a realizar recortes ao demostrar o goberno unha incapacidade total de asumir o pago en data os provedores. Esta autorecoñecemento como «pufero» será obrigatorio e terá que ser aprobado polo Pleno Municipal antes do 22 de marzo do presente ano.
A pesar de presumir de ser os xestores que viñan a acabar ca débeda do Concello, esta restrición prodúcese por non ser capaces de executar o pago a provedores nos prazos legalmente establecidos. O Goberno local, formado por BNG e PSdG, a pesar destas cifras continuaron co despilfarro sen control do diñeiro público.
Como declara o líder de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, «vimos vivindo un auténtico descontrol dentro do Goberno local, onde as rivalidades internas provoca que a comunicación non sexa fluída e que se dispare este dispendio por concellerías, sen que a Alcaldesa sexa consciente da metade».
En outubro de 2021, dende a nosa formación realizamos unha nota de prensa denunciando a desorbítante débeda que alcanzaba o Concello de Ponteareas, superando os 15 millóns de euros cando esta era de 0 € cando asumiron o poder. Resumindo, dende que o bipartito asumiu o poder:
- No primeiro ano xeraron un monto de 5 millóns de euros.
- A construción da depuradora, na que a pésima negociación por parte do goberno, comprometeu 6 millóns de euros máis as arcas de Ponteareas.
- No 2020, xa solicitaron unha póliza de crédito de 1 900 000 € por falta de liquidez, que aínda non foron quen de devolver.
- A finais de 2021, realizan unha nova solicitude de 2 360 000 €.
Este feito ben a confirmar o exposto por ACiP, que sinalou que a carencia de realizar un novo presuposto prodúcese pola incapacidade que teñen dende o actual goberno de cifrar a débeda actual, imposibilitando que os números encaixen. O Concello de Ponteareas convertese desgraciadamente nunha entidade «pufera», deixando a empresas e autónomos en vilo de cobro nun momento económico moi delícado.