Manuel Alfonso Estévez
Rescatadas do amigo, Alejandro Manuel Míguez Álvarez, de Taboexa, para O Condado de Salvaterra do Miño, como un espazo común, e rueiros onde conflúen percorridos e encontros. A mellor medida do noso pulso. E dicimos que as pedras nos miran, para manifestarnos, o sentimento, a protesta e a desaprobación.
Os rueiros predestinados por excelencia, albergan elementos que no Condado de Salvaterra do Miño, constitúen a súa propia identificación e renden homenaxe a súa historia.
O Condado de Salvaterra do Miño é, un grande rueiro, onde se revela a súa memoria, e onde se segue escribindo, porque tódalas parroquias, tódolos rueiros do Condado, rezuman historia. Está escrita nas súas pontes, nos seus camiños e sendeiros, nos seus ríos, nos seus campos, nos seus bosques lendarios, nas súas igrexas e camposantos, pazos e casas solares, e nos restos que aínda se conservan das culturas que nos
precederon : O Pai Miño.
Cada un dos elementos do Condado de Salvaterra do Miño, son un documento excepcional sobre o desenrolo e transformación do noso entorno. E sobre todo, un reclamo a memoria de algo, emprazándonos a evocar os momentos históricos.
O Condado de Salvaterra do Miño, pechado en si mesmo, e un valor intanxible e subxectivo que transcende a pedra. Coa sua presenza se reivindica e se xustifica tódolos días na A Nova Peneira ¡A Nosa! E Novas do Eixe Atlántico, que non actúan por simbolismo, senón, por contar o noso patrimonio, asi como o noso pasado, e a loita polo noso presente e futuro.
O patrimonio que é noso, é de todos. E temos que conservalo en bo estado, mais aló da responsabilidade do Concello, que ten o compromiso co pasado, e o deber co presente e futuro. Que o saiba a señora alcaldesa.
Amigos: Debemos ser os vixías do tempo, é este nos obriga a preservalo. Porque ¡Quen sabe si detrás das pedras, caladamente, nos indica que nos decatemos! Estas pedras nos observan a través dos séculos, para lembrarnos quen somos e de onde viñemos. A pedras teñen memoria. Grazas, Alejandro Manuel Míguez Álvarez, por lembralas. Nos, nos esquecemos, nos, pasamos de largo, pero elas non.
¡Cantas pedras tiven a dita de coñecer, sendo meniño! ¡Cantas! Naquela afortunada infancia en Fornelos da Ribeira. A miña madriña que me levaba en costa arriba, ai Igrexa de San Xoán de Fornelos, cando só existía terra e pedra.
Hoxe, como onte, hai que entender que o infantil non está rifado coa crítica social e cos problemas do Condado. Lémbrome do Progresistas, daqueles fillos de Fornelos en Bos Aires, que se distinguiron, e lembramos épocas pasadas.
Por último:
¡Ai dos poetas,
que son ríos
e van o mar a morrer.
E como o recio camiño
os leva como equipaxe:
O peito, o corazón
e na boca, unha canción
para o viaxe!
