Baixo este título, un grupo de parlamentarios franceses de Marsella, puxeron en valor este lema, incluíndo o Papa Francisco, que aplaudo pola vontade de crear as condicións favorables, para vivir xuntos en fraternidade, e chegar a unha maior equidade, que boa falta fai. E a liberdade que respecte a situación dos mais débiles.
Véxome no momento de resaltar a importancia da fraternidade, facendo un xogo de verbas, coa revolución do Papa Francisco, en contraste coa anexa Revolución Francesa. E digo isto, porque o Papa Francisco, en boca dun agnóstico, como eu, na súa Carta Encíclica Fratelli Tutti, expresa a importancia dos valores da liberdade, igualdade e fraternidade no desenrolo da convivencia humana, que son universais, non só no senso xeográfico, senón existencial. Por iso, incorporo o Papa Francisco, quen di que a fraternidade ten algo positivo que ofrecer a liberdade e a igualdade.
Como sempre, aproveito a Nova Peneira, ¡A Nosa! E Novas do Eixe Atlántico, que ten moito de positivo que ofrecer a liberdade e a igualdade. Liberdade sen unha fraternidade cultivada, sen unha fraternidade educada para o diálogo, e sen unha fraternidade que busque a riqueza mutua, nos chega desfigurada para o seu uso.
Liberdade digo eu, e o mesmo tempo, visión correcta da mesma, advertindo das súas posibles interpretacións interesadas, porque o dereito de algúns non pode estar por riba dos dereitos dos pobos, nin da dignidade dos pobres; nin tampouco do respecto o Medio Ambiente, porque quen posúe algo, e so administrador en ben de todos.
O camiño da fraternidade local, e logo universal, so pode ser percorrido por xentes que respeten a dignidade, dispostos a ser auténticos.
Non esquezamos que non so tódolos seres humanos somos iguais, senón que somos o resultado do cultivo consciente e pedagóxico da fraternidade, que enriquece o sentido da igualdade, aportando a dignidade do ser humano. E dicir: Dar a cada un o que necesita en orde a xustiza.
Lémbrome aínda hoxe, daqueles irmáns nosos,defendendo a liberdade, a igualdade, como principios da Revolución Francesa, no seu proceso de manifestarse na concreción dos ideais, terminando por ser eliminado do léxico político no 1.939, fomentando o individualismo que non foi capaz de xerar no día de hoxe, un mellor mundo para a humanidade. Porque non nos deixa ser libres, nin iguais, nin irmáns. E da renda solta as propias ambicións, non permitindo construír o ben común, como Principio Cooperativo.
Eu vou camiño dos 91 anos, detrás da fraternidade, liberdade e igualdade, para todos, como un verdadeiro “jabato”, para que nos leve a unha verdadeira amizade social e fraternidade universal.