Venres negros

Artigo de opinión A Nova Peneira
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi

Entre tanta treboada de malas novas que decotío enchen os telexornais, as redes sociais, as radios e as pantallas protexidas dos nosos teléfonos de última xeración un vai descontando os días do almanaque festexando estar vivo xa que é o único que nestas alturas do conto podemos celebrar.

Prendes a radio de camiño ó traballo e non sabes se pedir perdón ou ir á igrexa de garda a coller unha garafa de cinco litros de auga bendita para repartires entre a familia, os amigos e os coñecidos.

Puxemos toda a nosa fe herdada nas mans do veciño e quedamos sen respostas, espidos nun mundo que non conta con nós.

Prendes a radio no traballo e non sabes que canle elexir, todo depende do teu estado anímico e das pedras que queiras carrexar non lombo no resto do día.

Pois hoxe tócame levar na carreta a loita dos traballadores e traballadoras da Radio Televisión Pública de Galicia contra a manipulación informativa, o desmantelamento dos medios públicos e a prol do cumplimento da Lei de Medios aprobada non 2011 no Parlamento de Galicia para garantir a independencia da CRTVG.

Chámanlle os Venres Negros, convocados pola plataforma Defende a Galega galadornada no 2019 co premio José Couso de Liberdade de Prensa.

O pasado 18 de Marzo véñense de cumplir duascentas xornadas de protestas, douscentos Venres Negros. Catro anos de protesta que din todo da súa capacidade de resistencia e loita fronte a pésima calidade democrática existente na CRTVG, convertida no aparato propagandístico do Partido Popular.

Os traballadores non piden que lles baixen o ceo, as estrelas ou un aumento do salario, nada máis que se cumplan as leis democráticas sobre independencia, trasnparencia e pluralidade dos medios de comunicación públicos.

Algún exemplo claro desta manipulación foi, entre outras, a orde de limitar a cincuenta segundos a nova da condea xudicial ó PP pola trama Gürtel.

Emitir planos sen xente nas protestas en contra das políticas da Xunta e ata minimizar as movilizacións a favor da sanidade pública.

Non ofrecer información sobre os incendios forestais ou mesmo non cubir noticias que falasen da corrupción do PP.

A plataforma Defende a Galega tamén fala de replesalias por parte da dirección da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, contra os traballadores críticos ca dirección partidista do ente público ou que participan e apoian dalgún xeito as movilizacións de Defende a Galega.

Catro anos de Venres Negros e pouco se ten avanzado cara uns medios públicos plurais, imparciais e neutrais.

De volta na casa, prendes a radio na busca de compaña, coma quen acende unha fogueria, pero o fume, as malas novas, as mentiras e as broncas dialécticas fan que penses que é mellor sair co can de paseo e fumar un pitillo, ainda que fixeras a promesa de deixar de fumar en xaneiro.

Mentras camiñas escoitas a Radio Cos, Xurxo Fernández e Quique Peón que cantan coma deus os trouxo ó mundo, espidos e cunha pandeireta na man.

Entre a vida e morte non hai máis ca un latexo, unha mala nova.