Estivo acompañada polo alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, a concelleira Leticia Rocha, e Andrea García, do equipo de Cumio Editora
Ponte Caldelas, 25 de marzo de 2022
A xornalista e escritora Montse Fajardo presentou onte xoves na Casa da Cultura de Ponte Caldelas o seu último libro ‘A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira’, nun acto enmarcado dentro das actividades do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A escritora estivo acompañada polo alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, a concelleira Leticia Rocha, que se encargou da presentación do acto, e Andrea García, do equipo de Cumio Editora.
Fajardo foi debullando acontecementos da vida de Virxinia Pereira para explicar toda a incertidume que arrodeou a vida da muller de Castelao ata o final dos seus días. Pereira foi unha muller que fixo moito pola cultura galega e as ideas republicanas, e da que poucos coñecemos a súa importancia. Coñecida sobre todo por ser a dona de Castelao, Virxinia Pereira era unha muller polifacética que loitou moito sobre todo cando o seu home comezou a andaina política, que os levaría ao exilio despois de que impactase o golpe de estado naquel verán fatídico de 1936.