
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no programa “Tecendo Lazos 2019” co obradoiro “Xogos e Risas Aseguradas: Risas en familia”.
Unha actividade interxeracional destinada a todas as familias lamesas.
Os veciños de 6 a 99 anos que queiran pasalo ben compartindo diversión neste obradoiro deberán cubrir o formulario de inscrición que poden recoller na Biblioteca Municipal /OMIX.

O obradoiro celebrarase os vindeiros días 26 a 30 de decembro deste ano e o 2 e 3 de xaneiro do ano 2020.
Máis información no Telf. 986 768238.