Dende o PP fíxose un uso indebido do pleno, dando auténticos mitins en asuntos que eran meras dacións de conta sindicais, o que non compartimos e chamamos unha vez máis a PP e PSOE a respetar á veciñanza mantendo a discrepancia pero tamén a cordialidade nos plenos e na acción política.
Por encima da política debe primar o respecto ás normativas e aos adversarios políticos, non compartimos que pleno tras pleno vexamos abochornados como unha alcaldesa expulsa a unha exalcaldesa, cambiándose os roles a según quen goberne.
Dende o BNG gustaríanos tamén que se deixara aos traballadores municipais fóra da guerra política, elemento usado por PP e PSOE ao longo do mandato e que é retorcer a política absurdamente.
Por último no pleno pedimos que se unifiquen as referencias de catastro e rexistro da propiedade a efectos de reducir o abandono, así como a reparación de vías municipais en Soutelo de Montes e o tendido eléctrico en Presqueiras.

Primer comentario