
Roberto Jorge, Concelleiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego.
É incomprensible que se acorde en pleno obras a realizar nos lugares de Cernadelo e Fontegrande, a cambio do apoio a unha inversión de preto de 300,000€ necesarios para o goberno municipal e agora se licite unha obra nos mesmos lugares que deixa incompletas e non corresponde coas necesidades da veciñanza.
A absurda teima de Verónica Pichel de excluir ao BNG de todo acto leva a este goberno a facer proxectos illados da realidade social, sen dar cobertura ás necesidades da veciñanza e retrasando a execución das obras innecesariamente.
Dende novembro que esta obra foi negociada co BNG houbo tempo máis ca de sobra para en conxunto co BNG xuntarse coa veciñanza.
Pedimos a Verónica Pichel que modifique o proxecto contemplando melloras no ancho da vía e formigonado nas beiras dos núcleos, consensuando os mesmos coa veciñanza e co BNG.
Dende o BNG non creemos que por interese electoralista sexa bo sacar un proxecto incompleto e que chega tarde, esiximos dialogo coa nosa formación e coa veciñanza así como o cumprimento das obras previstas cos traballadores municipais na visita que esta formación realizou conxuntamente coa veciñanza.