Ponte Caldelas prepárase para o ano máis inversor da súa historia: máis de 1,5 millóns de euros

Concello de Ponte Caldelas A Nova Peneira

Neste 2020 están previstas diversas actuacións no rural e no casco urbán que mellorarán a calidade de vida dos veciños do municipio

Ponte Caldelas, 5 de marzo de 2020

Ponte Caldelas prepárase para afrontar o ano máis inversor da súa historia: máis de 1,5 millóns de euros. Neste 2020 levaranse a cabo no municipio unha serie de “obras que teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida dos veciños do rural e do casco urbán e seguir modernizando un concello que medra en poboación”, indica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz. A realización desta gran inversión será posible grazas á boa situación económica que presenta o Concello de Ponte Caldelas, que rematou 2019 con máis de medio millón de euros de remanente e un superávit de 347.446,51 euros. Deste xeito, está previsto que antes do verán se inicien as obras da Senda de Parada, un proxecto que se levará a cabo coa Deputación de Pontevedra e que suporá un investimento de preto de 230.000 euros. A senda peonil unirá os lugares de Cuñas e Parada con iluminación cada 50 metros e creará un espazo seguro para o desplazamento de peóns, bicicletas e persoas con mobilidade reducida. En 2020 tamén está previsto que se inicien as obras de humanización da Avenida de Galicia e da estrada do Balneario, nas que se investirán máis de 1 millón de euros, dos cales o 80% será aportado por Fondos Europeos. Neste ano realizarase tamén o asfaltado integral e reorganización do aparcamento que da servizo ao Centro de Saúde e o Concello de Ponte Caldelas e tamén se levará a cabo o asfaltado e cambio de sentido da circulación na rúa Prolongación do Paseo Cordo Boullosa (onde está o Bora Río). Estase tamén a traballar para sacar a licitación o ante posible a Estación Termal de Ponte Caldelas, que supón un trámite administrativo complexo que nunca antes de realizou nesta administración local. Tamén se está a ultimar a construcción do aparcamento central, que se situará nas fincas ubicadas detrás da Escola Infantil A Galiña Azul e a Ludoteca Municipal. A maiores, tanto no rural como no casco urbán están previstas outras múltiples obras de mellora que se irán avanzando nos vindeiros meses e que teñen como obxectivo principal seguir mellorando a calidade de vida dos veciños de Ponte Caldelas.