A festa gastronómica retomarase con máis forza en 2022
Ponte Caldelas, 10 de maio de 2021.
O Concello de Ponte Caldelas cancela a Festa da Troita por segundo ano consecutivo. A festa máis emblemática de Ponte Caldelas, que tivo a súa 53 edición no ano 2019, e debería celebrarse a última fin de semana do mes de maio non se celebrará en 2021 por responsabilidade.
Declarada de Interese Turístico, a festa gastronómica da troita fixo un paréntese en 2020 e 2021 a causa da Covid 19 e volverá con máis impulso o ano que vén. Esta festa iniciou en 2016, logo da chegada de Díaz á Alcaldía, unha andaina por todas as aldeas de Ponte Caldelas, de maneira que durante 28 días os veciños de todos os lugares de Ponte Caldelas degustaban troitas nas súas casas do pobo. Este impulso fixo que a festa se convertese nun símbolo de orgullo e unión veciñal, onde tan importante é degustar as
troitas como as ducias de postres preparados pola veciñanza de cada un dos lugares.