Díaz tacha de ‘ocurrencia’ este novo plantexamento e esixe “seriedade” ás tres administracións implicadas: Concello de Vigo, Xunta de Galicia e Ministerio de Transición Ecolóxica
Ponte Caldelas, 13 de abril de 2021
O Concello de Ponte Caldelas enterouse hoxe a través dos medios de comunicación de que o último estudio para paliar a sequia do concello de Vigo e a súa área metropolitana inclúe a construcción dun novo encoro no lugar de Forzáns, no concello de Ponte Caldelas.
O Concello de Ponte Caldelas solicitará por escrito á Confederación Hidrográfica MiñoSil o estudio que determina este conxunto de actuacións que afectarían a Ponte Caldelas en dúas vertentes, por un lado coa construcción dunha nova presa no lugar de Forzáns e, por outra, cun bombeo de auga dende o Río Verdugo, agora augas abaixo de Ponte Caldelas, xa no concello de Soutomaior.
Por outra banda, solicitarase por escrito a Augas de Galicia un informe sobre a viabilidade destas actuacións e o posicionamento deste organismo da Xunta de Galicia ante as propostas deste informe, posta que Augas de Galicia é o único organismo que ten competencia para executar esta obra. Neste sentido, Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas, lembra que a firme oposición ó trasvase do Río Verdugo que se levou a cabo dende o Concello de Ponte Caldelas no ano 2017 rematou coa destitición do, en aquel entonces, director de Augas de Galicia.
Díaz esxe seriedade ás tres administracións implicadas nesta cuestión: Concello de Vigo, Xunta de Galicia e Ministerio de Transición Ecolóxica, “pois non se poden lanzar estas propostas en prensa, sin fundamentos, sen falar cos concellos afectados e creando unha gran preocupación entre os veciños de toda Ponte Caldelas”.
Díaz explica que non se trata dun posicionamento egoista por parte do Concello de Ponte Caldelas, senón unha cuestión de futuro para todo o municipio. A oposición xa foi firme en 2017 porque 29 dos 33 lugares do termo municipal abastécense a través de traídas veciñais e durante o verán son habituais as faltas de suministro, que ten obriga de paliar o Concello e así o fai tendo como única fonte de abastecemento o Río Verdugo. “É unha cuestión de futuro. Ponte Caldelas non deixa de medrar e temos que garantizar o abastecemento de auga a todo o concello. Se fan unha nova captación río abaixo non nos concederán unha nova río arriba en caso de necesidade”, explica Díaz.
“Esiximos ó Ministerio, á Xunta e ó Concello de Vigo seriedade nos plantexamento, responsabilidade no que se anuncia, porque ningún dos tres está a ter en conta ós concellos nin ós veciños afectado. Que teñan claro os tres que defenderei o meu concello e ós meus veciños chegando ata a vía xudicial se fai falta”, recalca Díaz.