Pasados meses dende a proposta de negociación, seguen sen materializarse.
Pedimos xa varias veces á alcaldía que nos presente unha proposta para facer uns orzamentos que dean seguridade ás empresas veciñas que traballan para o concello pero a solución estase a retrasar.
Queremos que se empece unha negociación dos orzamentos que dea saída aos múltiples problemas de investimentos ou de tramitación de facturas deste concello, evitando os recoñecementos extraxudiciais de crédido e a convocatoria de plenos extraordinarios para pagar subministros que deberían estar recollidos nos orzamentos.
Tal e como dixemos, esiximos do PSOE que estes sexan uns orzamentos negociados, queremos que tamén marquen un antes e un despois nas relacións entre grupos políticos no noso concello. Esiximos que sexan negociados con Rafa Fiestras para acadar unha maioría que respalde a visión de futuro do concello, e apostamos igualmente por ofrecer ao PP que se sume ao ben da veciñanza.
É unha premisa básica para o BNG de Forcarei tentar reducir a confrontación e cambiala pola comunicación e a negociación.
Queremos tal como dixemos uns orzamentos que permitan crear vivenda como eixe fundamental para a recuperación da poboación e con elo a vida dos núcleos urbáns de Soutelo e Forcarei e que nas áreas compartidas co BNG se aposte pola recuperación das festas das aldeas, a aposta decidida polos camiños de Santiago que pasan polo noso concello ou a dinamización dos locales de hostelería existentes.
Ofrecemos ao goberno de Veronica Pichel toda a nosa colaboración para cambiar onclima de crispación e facer uns orzamentos que fagan prosperar a Forcarei entre todos.
Roberto Jorge Correa.
Concelleiro do BNG
