Esta semana, durante 2 días, Mos acolleu o autobús sanitario itinerante da Xunta que ofrecía coidados porta a porta de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Os usuarios debían achegarse con cita previa ao autobús que estaba estacionado en Petelos.
Os socialistas móstranse preocupados porque uns servizos que deberían estar fisicamente nunhas instalacións acondicionadas para elo, en tódalas comarcas galegas e con persoal sanitario suficiente, están viaxando en 8 autobuses de forma itinerante por todo o territorio. Cun investimento de 10 millóns para atender estes gastos, polo que os socialistas tachan o investimento de falta de compromiso ca sanidade pública por non destinar estes e moitos máis fondos a mellorar o servizo público, tanto no que se refire a instalacións coma a aumento de persoal. Tamén aproveitan para incidir no feito de que faltan moitas especialidades por estar mellor cubertas pola sanidade pública en Galicia.
Por outra banda, os socialistas califican de pouco axeitada a localización escollida para estacionar o autobús, provocando o peche dun tramo da estrada xunto o Ceip de Petelos e na contorna do IES de Mos, Óscar Pereiro e piscina municipal. Provocando desta maneira problemas co tráfico da zona, sobre todo en horas punta.
A voceira socialista, cuestiona a implicación da actual rexedora ca sanidade pública por render pleitexia a Xunta de Galicia ante este intento de lavado de cara que os populares queren facer con esta campaña. Engade que a localización foi escollida para que o autobús estivese nunha zona visible, sabendo que ía xerar problemas co tráfico e tendo espazo suficiente xunto ó Óscar Pereiro. Alonso finaliza dicindo que unha vez máis o PP de Mos rendese ante o escaparate sen pensar no benestar da veciñanza mosense.