Mondariz participa na viaxe do Plan Revitaliza a Cataluña, País Vascoe Navarra

Concello Mondariz Nova Peneira

O obxectivo desta acción é coñecer e estudar sobre o terreo sistemas de recollida de residuos e instalacións de compostaxe que facilitan o cumprimento da nova Lei de Residuos e Solos Contaminados en materia de reciclaxe.

Mondariz é un dos dezaseis concellos da provincia de Pontevedra que participa desde este domingo  22 de maio  na viaxe por Cataluña  País Vasco e Navarra organizada pola Deputación de Pontevedra  no marco do Plan Revitaliza  para coñecer e estudar sobre o terreo innovadores sistemas de recollida de residuos do tipo  porta por porta pago por xeración  Xunto ao alcalde  Xosé Emilio Barros  viaxarán o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente  Leopoldo Tato  e un técnico municipal de medio ambiente

 A viaxe desenvolverase entre os días 22 e 27 de maio  cunha grande intensidade de paradas  charlas e visitas  Tamén se visitarán instalacións de compostaxe mixta de biorresiduos agrogandeiros e municipais  A Deputación corre cos gastos de traslado  aloxamento e manutención

Esta actividade está dirixida principalmente a cargos políticos de concellos e persoal técnico municipal en materia de xestión de residuos O que se busca é coñecer in situ os diferentes modelos de reciclaxe para logo tomar decisións con máis criterio  explica Xosé Emilio Barros alcalde de Mondariz

 Segundo a nova Lei de Residuos e Solos Contaminados  que incorpora ao ordenamento xurídico español unha Directiva da UE aprobada hai máis dunha década  dentro dun ano  en xuño de 2023  os concellos estarán obrigados a reciclar o 50  dos residuos  En 2025 esixeráselles un 55 de reciclaxe  en 2030 un 60  e en 2035 un 65  Segundo datos da propia Deputación  actualmente na provincia apenas se chega a un 15 reciclaxe

O Concello de Mondariz non está mal situado respecto do cumprimento da porcentaxe de reciclaxe en 2023 porque foi un dos primeiros concellos da provincia que entrou no Plan Revitaliza iniciado en 2015  Con todo será necesario traballar na implementación dun sistema de recollida de residuos que permita cumprir os requerimentos legais nos próximos anos  explica Barros