O comercio de Redondela recupera a noite de compra máis especial do ano. A shopping night 2022 será a noite máxica de compras

O comercio de Redondela recupera a noite de compra máis especial do ano. A shopping night 2022 será a noite máxica de compras

TRAS A NOITE TROPICAL E A NOITE BRANCA DAS PASADAS EDICIÓNS CELEBRADAS ANTES DA PANDEMIA CHEGA O VENRES 5 DE AGOSTO A NOITE MÁXICA DE COMPRAS; UNHA EDICIÓN SE SORPRENDERÁ CON DESCONTOS E OFERTAS MÁXICAS E CON MOITAS MÁIS ACTIVIDADES QUE TERÁN A MAXIA COMO PROTAGONISTA.

Os establecementos de Redondela preparan unha noite máxica de compras e diversión, na que comercio e hostalaría irán da man nun evento de venta nocturna na que o comercio terá un horario de apertura excepcional ata as 00:00h.

Compras e diversión fusionaranse nos establecementos comerciais sorprendendo á clientela con micro actuacións de maxia.

Os comerciantes e dependentes sorprenderán á clientela coa súa indumentaria con remachamantes chisteiras que impregnará de maxia os espazos comerciais e contarán cunha decoración especial para esa noite. As fachadas dos establecementos serán decoradas e as rúas e prazas tamén contarán con decoracións especiais. Ademais o Concello colaborará cun importante reforzo da iluminación especialmente das distintas zonas de concentración comercial para paliar así a deficiencias de iluminación e favorecer as compras e a accesibilidade aos comercios.

Unha ruta nocturna para descubrir a Redondela máxica, da man de Soledad Chayán, guía oficial de turismo de Galicia, recentemente distinguida co selo Compromiso Calidad Turística do SICTED da Secretaría de Estado de Turismo que nos levará a descubrir os misterios ocultos de Redondela. 

As distintas zonas comerciais da Vila terán actividades como inchables, degustacións, sorteos. Cada establecemento comercial fixará as súas propias promoción e descontos e ademais e en exclusiva teremos a presentación do avance da nova colección en destacadas marcas de moda en distintos establecementos.

Todos os detalles das ofertas e promocións publicaranse nun espazo web ao longo da vindeira semana e outros establecementos optarán por non desvelar as súas ofertas ata a propia noite máxica de compras.

A Asociación de Empresarios distribúe desde este martes 2 de agosto o material promocional, cartelería e material decorativo para o evento  e terá dispoñible a información este espazo web.