O Concello de Mondariz saca á luz un novo exemplar desta revistacentrada na natureza, a historia e o patrimonio cultural de Mondariz eMondariz Balneario
O vindeiro venres, 5 de agosto, ás 20:30 h, o Concello de Mondariz presenta o terceiro número da revista de cultura “Mondaricus”.
Trátasedunha publicación de periodicidade anual que, nesta ocasión, contén120 páxinas impresas a toda cor. Na revista escriben autoras e autoreslocais do ámbito da creación plástica como Gloria Iglesias, LorenzoMontes, Ana Amaro ou Arcilia P. Melón.
Pero o groso da revista está dedicado a traballos inéditos sobre aatureza, a historia e o patrimonio cultural de Mondariz e MondarizBalneario. Desta volta escriben:
* Rosa Reboreda: que escribe sobre Hortensia Nogueira Costa, atelefonista de Mondariz e Mondariz Balneario. Durante máis de vinteanos milleiros de persoas pasaron polo seu locutorio.
* Os profesores universitarios Anxo Porto Ucha e Raquel Vázquez, querescatan a memoria do profesorado represaliado polo franquismo entre1936 e 1942.
* O filólogo e investigador Xurxo Martínez escribe sobre a relaciónque mantiveron en México Luís Soto, mestre en Mondariz ata 1936, eFlorencio Delgado Gurriarán, a quen a RAG dedica este ano o Día dasLetras Galegas.
* O mestre Alfonso Mumary asina un traballo sobre Antonio SanjurjoBadía, que fundiu boa parte das varandas, reixas e baixantes de augados “mondarices” no seu obradoiro de Vigo.
* Clodio González Pérez, patrón numerario do Museo do Pobo Galego,escribe sobre o patrimonio dos cesteiros de Mondariz que atesoura estemuseo compostelán.
* O xornalista Carlos Barros González escribe sobre a zapatería doTango, creada por Ceferino Barros González na década de 1940-50.
* A profesora e investigadora Fernanda Padín rescata a memoria dasfotógrafas pioneiras de Galicia, entre elas a das retratistas Luisa eRosina Pardo, que exerceron a súa profesión na _Belle Epoque_ dobalneario de Mondariz.
* O historiador do audiovisual Manuel González rescata os anos dofotógrafo José Gil pasou no balneario de Mondariz, onde rodou oitofilmes entre 1910 e 1931.
* O profesor da Universidade de Santiago Antonio Rigueiro e o doutoren enxeñería forestal Gaspar Bernárdez asinan a primeira parte dunartigo, a publicar en dúas entregas, sobre as árbores senlleiras deMondariz e Mondariz Balneario.
* Patricia Carballal, profesora da Universidade da Coruña, escribesobre o papel dos balnearios na obra literaria de Emilia Pardo Bazán,visitante incondicional do balneario de Mondariz.
* A vida e obra do compositor Juán Durán, fillo e neto de panadeirosda parroquia de Sabaxáns, é obxecto dun artigo que asina o profesor demúsica Xaime Estévez Vila.
* O historiador Xosé R. Paz Antón recupera a traxectoria vital domestre de obras Serafín Tato Faro, un concelleiro en Mondariz Balnearioen 1930 que foi encarcerado e asasinado pola ditadura franquista en1937.
* A historiadora María Fernández Blanco rescata a memoria dofutbolista nado en Mondariz Cosme Vázquez, que xogou no Celta de Vigo eo Atlético de Madrid hai agora un século.
* Lucía Estévez, restauradora de profesión, analiza os problemas deconservación dos gravados rupestres da parroquia de Gargamala.
* Por último, a xornalista Verónica Palleiro fai un retrato deactualidade centrado nas mulleres do noso concello que veñen ocupandooficios tradicionalmente masculinizados: condutoras de autobús ealbaneis.
_Comisión de Festas_ No acto intervirá tamén Maite Isla, presidenta da Comisión de Festasda Peña de Francia e San Roque de Mondariz, que presentarápublicamente a programación festiva que un grupo de veciñas e veciñospreparou para os vindeiros días 13, 14, 15 e 16 de agosto, na queparticiparán grupos de grande sona como Dakidarría, Saudade ouAmérica.