Arranca en Mondariz o novo servizo de atención temperá

Arranca en Mondariz o novo servizo de atención temperá

Comezou a funcionar esta semana nas instalacións do Centro Social de Mondariz, cunha psicóloga, unha logopeda e unha fisioterapeuta para daratención a nenos e nenas de 0 a 6 anos derivados do servizo de Pediatría

Trátase dun servizo compartido polos concellos da Cañiza, Melón,Covelo, Mondariz e Mondariz-Balneario, en virtude dun convenio decolaboración asinado este ano.

Esta semana comezou a funcionar no Centro Social de Mondariz o novoservizo de atención temperá compartido polos concellos da Cañiza,Melón, Covelo, Mondariz e Mondariz-Balneario. Trátase dunha unidadeinterdisciplinaria, integrada por unha psicóloga, unha logopeda e unhafisioterapeuta, que permite avanzar na diagnose e valoración dediferentes trastornos do desenvolvemento en nenos e nenas de 0 a 6 anos,así como ofrecer apoio, información e formación ás familias.

No Centro Social de Mondariz, esta unidade de atención temperáfuncionará luns e martes en horario de mañá e tarde, dando servizoaos nenos e nenas menores de 6 anos dos concellos de Mondariz eMondariz-Balneario que sexan derivados de Pediatría ao presentarendificultades no seu desenvolvemento (psicomotor, cognitivo, de linguaxee comunicación, de autonomía, relacionado coa área social eafectiva,…). O obxectivo é dar resposta, o antes posible, ásnecesidades transitorias ou permanentes dos nenas e as nenas contrastornos de desenvolvemento ou en risco de padecelos, coa finalidadede facilitar a súa autonomía persoal e inclusión social.

A posta en marcha deste novo servizo de atención temperá é resultadoda sinatura dun convenio de colaboración, o pasado mes de marzo, entreos cinco concellos. Completada a licitación, a empresa ACEESCA faisecargo de desenvolver o programa por un importe de adxudicación de50.205,11 € semestrais. O servizo está financiado nun 90% pola Xuntade Galicia.