
O compromiso adquirido polo Consorcio de prestar atencións aosusuarios/as de forma directa, esfúmase.
A nova residencia de Cerdedo anexa á que xa está en funcionamento eque xa leva rematada desde novembro de 2021 vai cambiar o modelo dexestión e pasa a privatizar os seus servizos.
O 21/05/2019 despois de unha concentración no centro por parte dastraballadoras solicitando un modelo de xestión público para o centroresidencial o xerente do Consorcio Perfecto Rodríguez, adquiriu ocompromiso do modelo de xestión pública para esta residencia, tal ecomo tamén se recolle na páxina do consorcio e en medios de prensa.
Pois lonxe de todo isto o 05/08/2022 a Xunta de Galiza publica no seu Portal de Transparencia e Goberno Aberto, (aberto a privatización) alicitación do servizo asistencial de atención diúrna e atenciónresidencial nos centros de día de Cambados, Cuntis, Redondela, CentroResidencial de Redondela, (que sempre tiveron unha xestión indirecta) ea miniresidencia de Cerdedo (construtiva coma unha ampliación da que xapresta servizos de atención directa cen por cen públicos). Dende logocanto hai que mentir para o partido e xustificar os medios!!
Segundo a memoria xustificativa do contrato a desculpa do Consorcio e da Xunta para meterlle na man os seus amigos/as a xestión da residencia deCerdedo, e os demais centros, _“é propor unha xestión mediante unhafórmula que permita combinar ambas as dúas encomendas que a Lei deServizos Sociais propón para a xestión deste tipo de servizos. Así,esta fórmula cumpre cos criterios de xestión e intervencióninterinstitucional e suporá o mellor control da calidade, eficacia eeficiencia na xestión dos servizos sociais, así como un aforro noscustos respecto da xestión directa”._
O anteriormente exposto non se sostén. Quere dicir que o barato saecaro, e que ese prezo é o que hai que pagar polo modeloultraprivatizador dos servizos sociais, xerando á vez precariedade nasatencións que se prestan as/os nosos maiores e as/os propiostraballadoras, como se puido comprobar nestes anos de pandemia onde seproduciu unha porcentaxe bastante máis elevada de mortes nasresidencias de xestión privada que nas de xestión pública.
Por outra banda no informe de insuficiencia de medios o Consorcioxustifica o inxustificable, “_De conformidade co disposto no artigo 8da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sectorpúblico autonómico o Consorcio non conta con medios persoaissuficientes para a prestación deste servizo e non é posible nestesmomentos ampliar o seu cadro de persoal nin pola natureza da prestacióncabe acudir á autoprovisión doutros órganos da Administración Xeralda Comunidade Autónoma._
O Consorcio ten as súas propias listas de contratación, nontransparentes, pero ten, e nunca fixo nada para solucionar esta carenciade persoal cando as listas se esgotaban. E máis sinxelo darlle oegocio os que peor xestionaron a atención dos nosos maiores.
Consorcio e Xunta paralicen a adxudicación dos centros privatizados eon engadan máis os que xa hai.