Mes: Agosto 2022

Posicionamento CUT Citroen axudas desestimadas Fondos PERTE

Dende a CUT Citroen lamentamos que a empresa presente plans sen que a representación legal sexa coñecedora dos mesmos, dunha solicitude dos fondos PERTE (43 millóns que, insistimos a representación social non sabemos para que son), e que ao parecer son rexeitados polo estritas que son as bases, e que non poden gastar os cartos públicos como queren e cando queren.

Ler máis

Constante González, artesán da madeira da parroquia de Cabreira , Salvaterra

Na parroquia de Cabreira vive Constante. El é un home xa xubilado, que dedicou case toda a súa vida profesional ao mundo da carpintería. Pero alén de gañar a vida facendo portas, ventás e calquera obxecto de carpintería que lle encargaran, Constante naceu cun don, un talento especial que lle permite crear, coa madeira, pezas de incrible beleza

Ler máis

Galiza está que arde

Os nosos montes arden por que están cheos de “arcolitos”. Os nosos montes arden para encher o bandullo das celulosas de aquí e de acolá. Arden para botar á xente das aldeas, para que o rural non teña futuro e sexa máis fácil enchelo de muíños de vento

Ler máis