Mos, Petelos 03/09/2022

Mos, Petelos 03/09/2022

O goberno máis inútil da historia de Mos

Non, a imaxe non corresponde a ningunha fraga perdida nin a ningún escuro curruncho do país, senón a unha suposta beirarrúa, a apenas 200/300 metros do concello de Mos, cuberta de maleza que como se aprecia na imaxe obriga aos peóns a transitar pola estrada, pois hai tramos nos que resulta extremadamente difícil, case imposible diría eu, andar pola beirarrúa. Un exemplo máis do desgoberno que padece Mos , que sofre a política da aparencia e da bipolarización social.