O socialismo con rostro humano

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Fora polos anos 1.968 cando Alexander Dubced, dirixente do partido comunista checoslovaco o defendera asi, esmagado polos sen piedade, tanques soviéticos.

O que parecía entón, unha disputa entre comunistas espertando con vento de reformas, quedara nunha inédita idea, dominada por Moscova, con Austria e Alemaña formando parte do chamado Telón de Acero.

Dubced, era entón, o símbolo da Primavera de Praga, para unha vida social, con piscinas públicas, para xentes do pobo, que asistían o fútbol,etc.,con unha política clara e sen saírse do marco.

O que hoxe se explica e que Alexander Dubced,era un home honrado, con carácter, pero tamén indeciso, sendo símbolo e protagonista de acontecementos que enfadaba o Kremlin, ante o forte descontento da xente, cansa de penurias. O KSC dirixido por Dubced emprendía reformas económicas prudentes, provocando os receos de Moscova que foron aumentando a medida que Praga, seguía adiante cos seus cambios.

O goberno checoslovaco levantara a censura provocando a liberación sen precedentes da prensa, e das actividades culturais, aparecendo organizacións non comunistas, como o K231, formado por ex prisioneiros políticos, e o Club dos sen Partido, comprometidos (KAN) xerme de partidos opositores.

O verse de repente sen mordaza, os medios,empezaron a facer preguntas e abordar temas impensables, e aparece a esperanza en toda a sociedade, un pouco a remolque dos acontecementos.

Asi que, entre as crecentes aspiracións democráticas, de checos e eslovacos, e a hostilidade do partido comunista soviético, de seguir controlando os vasallos de Dubced, este esperou o seu Congreso Extraordinario, para reforzar a súa postura.

Animados por dirixente dogmáticos de Alemaña do Este,Polonia,etc., preocupados ante as reformas checoslovacas, optaron pola intervención militar: A MAIOR TRAXEDIA DA VIDA.

A ocupación de Checoslovaquia, polos soviéticos, con os catro países do Pacto de Varsovia, causaron unha centea de mortos nos primeiros días, e foi maior a traxedia da súa vida para Dubced, antes de ser detido e deportado a Moscova, obrigado a firmar un protocolo humillante sobre a situación.

Gorbachov xefe da Perestroika, iniciara tamén o “socialismo con rostro humano”.

Os tanques do Pacto de Varsovia invadiron Checoslovaquia, para asfixiar a Primavera de Praga, analizada no 1.968, igual que hoxe, coa Operación especial de Putin, sobre Ucrania.

E ¿Por que?

E aquí, coa Operación Especial de Putin,desaparece o socialismo con rostro humano da Federación Rusa .

Alexander Dubced, morre traxicamente, e agora Ucrania, baixo o sono do socialismo humano de Europa, que significa liberdade económica, con sistemas de autonomía, recoñecemento da tecnoloxía, e o espírito da xente ucraina que se sente europea,aparece de novo a Operación Especial de Putin, invadindo un pais que se sinte europeo.