“Esa brutal alianza militar converteuse non máis pérfido instrumento de represión que coñeceu a historia da humanidade. A OTAN asumiu o papel represivo global tan pronto a URSS, que servira aos EEUU de pretexto para criala, deixou de existir”.
Fidel Castro
Os Estados Unidos, o seu apéndice o Reino Unido e a Unión Europea están en guerra contra Rusia. Unha guerra non declarada, onde Ucraína foi transformada nun estado mercenario e nazi para batallar como estado interposto. Desde a independencia de Ucraína fixeron todo o posíbel por construír un estado anti-ruso e para iso alimentaron a besta fascista que se mantivera aletargada desde a segunda guerra mundial.
Desapareceu a URSS, mais non desapareceron os intereses do gran capital representado polos USA por facerse co control dos seus grandes recursos naturais, nin os seus plans por desmembrar Rusia en múltiples estados máis pequenos e dóciles. Unha Rusia grande e forte sempre foi un obstáculo para os sus intereses depredadores.
Para acadar os seus obxectivos promoveron un golpe de estado na Ucraína que impuxo un goberno dirixido desde a embaixada USA. Isto levou a unha guerra civil, á proclamación das Repúblicas Populares de Donetsk e Lugansk e ao referendo en Crimea para reintegrarse en Rusia. Despois incumpriron os acordos de Minsk e durante anos bombardearon á poboación civil do Donbás. Encheron Ucraína de laboratorios de armas biolóxicas e armaron ao exército coa pretensión de empregalo como carne de canón contra Rusia. Fixeron todo o posíbel por provocar unha guerra e conseguírono.
Mais a pesar de todo, resulta evidente que “Occidente” está perdendo a guerra, tanto a militar como a económica. Pese ao control dos medios de comunicación públicos e privados, pese á permanente desinformación e manipulación exercida por eses medios, hoxe non se pode ocultar que Rusia controla unha parte importante do territorio Ucraíno. Territorios que historicamente formaron parte de Rusia, e cuxa poboación maioritariamente séntese rusa.
A operación militar vai avanzando nos seus obxectivos, tamén nos políticos e económicos. “Occidente” non calculou ben e non foi consciente da preparación a conciencia de Rusia para meterse nun conflito que non ten volta atrás.
Que consecuencias tivo para nós este conflito?
A UE sacou a careta e amosou a súa verdadeira faciana: a fascista e belicosa ao servizo do imperialismo USA. Os dirixentes da UE e dos seus estados membros apostaron decididamente pola guerra e non pola paz, aínda sendo conscientes que esta decisión traería sufrimento á poboación. As sancións económicas contra Rusia estámolas pagando todos e todas, estanse volvendo contra nós coma un búmerang, coa alza dos prezos da enerxía e a imposibilidade de comerciar con ese país.
A Democracia formal desta parte do “mundo libre” está transformándose en Ditadura informal mediante o recorte de dereitos e liberdades. Hoxe temos limitada a liberdade de expresión, no estado español xa levamos tempo nesta dinámica, e vemos como se impón a censura sobre medios de comunicación rusos que son prohibidos. Asistimos ao feche de medios alternativos nas redes sociais, liquidando contas de Twitter, Facebook ou Youtube que dan outra versión e non repiten as mentiras “oficiais”. Queren impoñernos un discurso e un pensamento únicos.
Un discurso único que pretende prepararnos para o “peor”.
Asistimos espantados ao incremento dos prezos da alimentación, da electricidade, por culpa duns gobernantes que nós dirixen ao abismo e impoñen sancións ao principal subministrador de enerxía á UE.
Desde os medios de comunicación pretenden asustarnos cun outono e un inverno terríbeis sen gas e electricidade e pídennos que aforremos. Políticos e altos cargos institucionais con enormes salarios repiten constantemente que chegan tempos duros e de escaseza. Para quen? A quen llo din? Ás persoas que xa antes non podían poñer a calefacción por estar na pobreza?
Aínda por riba queren facernos culpábeis do que está pasando, das decisións políticas da ditadura da UE. Temos que aforrar e reducir o consumo de gas e electricidade, é dicir, temos que pasar frío e calor. A guerra é o primeiro, os cartos teñen que ir a Ucraína transformados en armas que asasinan á poboación civil para maior gloria do imperialismo e para acabar con Rusia. O estado español ten que gastar millóns de euros en mercar novos avións de combate mentres as condicións de vida da poboación empeoran.
E a esquerda española? Xa fai moito tempo que se fixo “posmoderna”e eurocéntrica e hoxe faille o xogo e ponse ao servizo do imperio apoiando incondicionalmente á OTAN, xustificando a guerra, a entrega de armas a un goberno nazi ou a censura dos medios de comunicación. Mira para outro lado ante os problemas da “xente”, como din eles, mentres apoia a un goberno nazi.
O imperialismo está cada día máis illado.
A pesares de todo o que está acontecendo, e de que estamos metidos á forza no bando equivocado, os países denominados “occidentais” están cada día máis illados internacionalmente. Cada vez son máis os pobos contrarios a este “occidente” imperial e depredador, que prefiren un mundo multipolar onde os estados soberanos non teñan que padecer a chantaxe dos USA.
A maior parte dos pobos africanos, asiáticos ou latinoamericanos son conscientes de que o mundo está cambiando e do declive imparábel do imperio ianqui, e ven en China e Rusia outro xeito de manter relacións internacionais entre estados.
Hoxe está en xogo como vai ser o futuro do mundo. Se vence “occidente” estará en mans do capital, das grandes empresas trasnacionais, que terán vía libre para seguir arrasando cos recursos do planeta. Se é derrotado poderemos ter un mundo multipolar onde non haxa unha única voz mande e ordene, onde os estados poidan manter a súa soberanía.
Marín, 2 de setembro de 2022