A agrupación redondelá comprométese a sufragar un estudo das augas do río se a situación continúa sen solventarse

Vertido Amoedo

AER e Alternativa Veciñal de Pazos de Borbén urxen solución aos vertidos diarios no río Alvedosa

Denuncian a pasividade de ambos concellos e solicitan a intervención de Augas de Galicia nesta “barbaridade medioambiental”

Redondela, 5 de outubro do 2022.

As agrupacións de electores Alternativa Veciñal de Pazos de Borbén e a de Redondela, AER, xuntan os seus esforzos na denuncia dos constantes vertidos de aguas fecais e industriais que está a facer o Concello de Pazos nun afluente do Alvedosa e que perxudica gravemente ao ecosistema de ambas localidades coa pasividade das dúas administración locais. Segundo explica Luciano Otero, concelleiro e voceiro de Alternativa Veciñal “urxe unha solución xa que levamos anos con esta problemática, con decantadoras obsoletas que non fan a súa función tanto en Amoedo, como en Pazos, Moscoso e Nespereira”. “Cremos que os vertidos, que son constantes, proveñen dunhas 150 casas, uns 400 veciños da zona, así como do Polígono Industrial de Amoedo, que acolle a 14 empresas”, continúa Otero.

Ante esta situación, a Agrupación de Electores de Redondela, AER, denuncia que esta “barbaridade medioambiental” está a pór en perigo os bancos marisqueiros de Redondela e a ría. “O sistema da decantadora de Amoedo, totalmente obsoleto e cunha maquinaria sen ningún mantemento, está a supor un vertido diario de litros e litros diarios a un afluente do río Alvedosa que pasa por Redondela”, explica Roberto Villar, concelleiro da Agrupación. Por iso, solicitan que Augas de Galicia faga unha execución subsidiaria do problema e aporte solución efectivas e urxen ao Concello de Redondela para que se persoe como parte interesada e solicite vía oficio ao organismo autonómico información sobre o vertido contaminante que realiza o Concello de Pazos de Borbén. Segundo indica Roberto Villar, concelleiro de AER, “a pasividade do goberno de Redondela neste asunto é evidente xa que reunímonos co concelleiro de Medio Ambiente a principios de setembro para urxir unha solución e seguimos a esperar”. “O compromiso de nosa Agrupación é clara -continúa Villar- se non

se soluciona en breve, AER sufragará con medios propios un estudo sobre o estado das augas do Alvedosa”.

Pola súa banda, Alternativa Veciñal de Pazos de Borbén explica tamén que a desidia do concello de Pazos está a provocar que esta situación sexa endémica na zona e “boa proba disto son os expedientes que, dende hai anos, Augas de Galicia lle ten aberto ao Concello por non cumprir cos requisitos administrativos de facer analíticas constantes e reenviárllelos para a súa revisión. De feito, segundo indica a agrupación, “O Concello de Pazos de Borbén leva xa dúas sancións de 5.000 euros cada unha e conta con máis expedientes aínda por resolver o que supón tamén un grave perxuízo económico para as arcas municipais ademais do evidente dano medioambiental”.