A Mesa lanza Pipocas, un catálogo web que recolle todos os filmes e series que están dobrados ou lenxedados ao galego

A Mesa lanza Pipocas

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2022

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou esta mañá Pipocas, un catálogo web que recolle todos os filmes e series dobradas ou lexendadas á nosa lingua e que redirixe o público ás plataformas na que está cada título. No momento do seu lanzamento, o catálogo recolle máis de 100 títulos. Dende a entidade asegúrase que será actualizado de xeito permanente e solicítase que o público contacte para advertir da ausencia de calquera filme ou serie.

“Esta plataforma responde á demanda recibida pola entidade de defensa da lingua”, explica o responsable de comunicación da Mesa, Carlos Vieito, “especialmente dos pais e nais que descoñecen que filmes para as crianzas hai en galego nestas plataformas”. “Dende hoxe”, conclúe Vieito, “as familias con crianzas xa teñen un lugar onde ver filmes de animación na nosa lingua”.