Ano: 2022

Luis Bará Torres, deputado do BNG

Cando Gabriel Celaya escribiu aquel fermoso poema no que maldicía a poesía daqueles que non tomaban partido, partido ata mancharse, abofé que non pensou en Luis Bará, pois Luis é un home dos que toman partido dos que se manchan ata as profundidades insondables de si mesmo

Ler máis

Vigo, o latexo subterráneo

Álvaro Cunqueiro dixo aquilo de que Vigo foi fundada á beira dun verso de Martín Códax. Unha cidade fundada por un poeta que, ademais, deixou as súas creacións líricas vinculadas tamén á notación musical que conservamos. Dende que Martín Códax deixase para a historia as súas composicións medievais, son innumerables os creadores e as creadoras que desenvolveron e desenvolven as súas producións de xeito individual ou en colectivos e movementos artísticos, cun selo ou cunha sorte de marca de auga da ría

Ler máis

Tempos urxentes

Son tempos tan cambiantes que nos fan a todos moi vulnerables, tendemos a arremuiñarnos no noso, no próximo, mirándonos no embigo. Precisamos de solucións atinadas que nos protexan desde a decencia e a entrega humana, profesional dos servidores públicos, que non o fan

Ler máis