A Comunidade, ademais, ratificou extender a súa negativa a permutar monte comunal para o novo intento de Mouriño de apropiarse de monte veciñal, o proxecto 360 Sport Galicia.
Este domingo celebrouse unha asemblea extraordinaria da Comunidade de montes de Tameiga. Nun auditorio abarrotado, a veciñanza comuneira aprobou por unanimidade mercar os terreos particulares lindeiros ao monte comunal de Tameiga. “Con esta gran operación de compra a Comunidade de Tameiga satisface a vella aspiración de ampliar a extensión do monte comunal”, sinala Cesar Lago, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga. A Comunidade destinará un mínimo de 200.000€ para ampliar a extensión do monte comunal de Tameiga. A comunidade iguala o prezo por m2 que está ofrecendo Mouriño e lanza unha oferta de compra efectiva e inmediata, non unha opción de compra a dous anos vista como a que están realizando os promotores do complexo comercial e deportiva. Máis información: César Lago 667 545 123, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga