
En vésperas da sesión plenaria de investidura do 17 de xuño, Xosé Emilio Barros, alcalde nacionalista de Mondariz desde 2019 ata 2023, deixou rexistrado un documento onde sedetallaban as obras e proxectos en execución ou pendentes de execución, outros traballosxa en marcha ou por iniciarse, así como compromisos adquiridos polo Concello durante oseu mandato. Esta información tamén foi transmitida ao alcalde Xoán Carlos Montes”Calis” despois da sesión plenaria de investidura para asegurar un traspaso de poderes harmónico e sen atrancos, propio dunha forza política madura e responsable.
Xosé Emilio Barros e os demais concelleiros e concelleiras que asumiron responsabilidades de goberno no Concello de Mondariz durante o mandato 2019-2023 están facilitando un traspaso de poderes harmónico e sen atrancos para evitar atrasos indesexados na licitación, execución exustificación de numerosos proxectos de gran impacto que deixaron en marcha antes da citacoas urnas do pasado 28 de maio. Trátase dun traspaso de poderes responsable e exemplar quenon aconteceu en xuño de 2019, cando o rexedor actual, Xoán Carlos Montes “Calis”, abandonoua Alcaldía con malas formas e sen vontade de facilitar información institucional de importanciapara a xestión municipal, como a débeda contraída coa Xunta de Galicia polo centro de día.
Xa como alcalde en funcións, e ante a expectativa de non renovar o seu mandato na Alcaldía deMondariz polos resultados das pasadas eleccións municipais do 28 de maio, Barros rexistrou envésperas da sesión plenaria de investidura un documento de sete páxinas no que se detallan asobras e proxectos en fase de execución ou pendentes de executar, outros traballos xa en marchaou por iniciarse, compromisos adquiridos polo Concello durante o seu mandato, e cuestións máisrelacionadas coas concellerías de Servizos Sociais e Facenda, que durante os últimos catro anosforon responsabilidade do concelleiro socialista José Luis Fernández.
O luns 19 de xuño, así mesmo, entregóuselle ao alcalde toda a información relativa á xestión dosmedios de comunicación institucional. Esta normalización do traspaso de poderes e informacióninstitucional clave contrasta radicalmente coa vivida no ano 2019, cando o Goberno municipalatopou cun bloqueo inaudito que afectou mesmo aos medios de comunicación institucional, poisdenegouse o acceso á páxina institucional en Facebook que estaba en funcionamento, obrigandoa crear novos perfís e medios institucionais desde cero.
Notifícase a aprobación de varias subvencións solicitadas antes das eleccións
O Goberno municipal que dirixía o BNG desde a Alcaldía deixou tramitados numerosos proxectosque xa se están visibilizando e se visibilizarán nos próximos meses de anos. Ademais do cambioa LED da rede municipal de alumeado público, da ampliación e mellora da senda fluvial de Laredoxunto ao río Xabriña e da construción dun centro de ocio e deporte urbano no Campo da Minada,que foron deixados en fase de execución, están por licitar as obras de rehabilitación integral daantiga escola unitaria de Redo, na parroquia de Vilar.
Nos últimos días, así mesmo, o BNG tivo constancia de que se notificou ou se está en proceso denotificar ao Concello de Mondariz a concesión de diversas subvencións solicitadas antes da citaelectoral do pasado 28 de maio para financiar destacados proxectos para a transformación dalocalidade, como o Centro de Interpretación Interactiva e de Formación da Cestaría de Mondariz, a ampliación e mellora das instalacións deportivas da Lagoa, a redacción dun proxecto técnicopara a ampliación e mellora de instalacións deportivas e de ocio na contorna da praia fluvial do Val, e varias actuacións en sinalización de patrimonio histórico, como as que viñan realizando osúltimos anos.
No mes de maio, pouco tempo antes das eleccións, desde a Alcaldía do BNG tamén se promoveua solicitude dun ambicioso proxecto para a restauración de espazos nas contornas de cruceirose petos de ánimas que se estende ao longo das doce parroquias do Concello. Este proxecto, quese preparou ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para optar a fondoseuropeos Next Generation EU, ten un orzamento de 2.884.755 € e agarda resolución.
Complementamos esta nota de prensa co documento de traspaso de poderes que rexistrou oexalcalde nacionalista Xosé Emilio Barros na véspera do pleno de investidura.