Anxo Baz: “Modificar o pavimento dunha rúa sen preocuparse da separación das pluviais e das fecais evidencia a falta de criterio de quen o fai”.
O BNG reclámalle ao Alcalde da Guarda do PP Roberto Carrero, a separación de pluviais e fecais na obra de renovación do firme da rúa Salgueiró en Camposancos.
O Portavoz do BNG no Concello da Guarda, Anxo Baz, manifestou “modificar o pavimento dunha rúa sen preocuparse de algo tan elemental como é a separación das pluviais e as fecais evidencia a falta de criterio de quen o fai”.
Baz resaltou “é aínda máis preocupante que a pesar da insistencia da Presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos e do vecindario, que desde o primeiro momento reclamaron a separación das pluviais e das fecais, o Alcalde da Guarda fora incapaz de dar unha solución satisfactoria a esta intervención, cando ademais é coñecedor de que nas épocas de choiva forte, as arquetas das fecais levántanse e verten directamente os residuos á rúa”.