Os 5 descoñecidos asasinados en Cabreira

Asasinados Cabrera

No ano 1936 cinco homes foron asasinados polo fascismos en Salvaterra e soterrados no adro da igrexa de Cabreira, 5 persoas das que de momento se ignora a identidade. O pasado 22 de Outubro recibiron unha fermosa homenaxe protagonizada pola comisión pola recuperación da memoria histórica de Salvaterra. Esta comisión amosou a súa vontade de concretar un marabilloso compromiso:

Pórvos nome”

O ex alcalde de Bueu Xose Novas tirou a hipótese de que estes 5 homes poden ser 5 veciños de Moaña asasinados nese ano e dos que se ignora o seu paradeiro xa que semella haber varias coincidencias que apuntan nesa dirección. Estas persoas serían :Juan Vázquez Sampedro, Manuel Blanco Costa, José Blanco Costa, Manuel Cancelas Corrales e Eugenio Cancelas Corrales .Seica xa están localizados algúns sos seus descendentes e agora estariamos na fase de buscar financiamento para poder costear a exhumación e as conseguintes probas de ADN.

Desde as nosas páxinas non podemos facer outra cousa, porque é de xustiza , que transmitir os nosos emocionados parabéns á comisión da memoria histórica de Salvaterra, e a todas as persoas e colectivos que co seu traballo desinteresado contribúen a dignificar a memoria de quen sufriu o brutal terror do nacional catolicismo español.

O noso compromiso : Pór sempre as nosas páxinas ao voso dispor.

A cerca de admin 66 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.