Persoal investigador posdoutoral da Xunta de Galicia denuncia “agravio comparativo” copersoal posdoutoral doutras convocatorias

O persoal investigador posdoutoral en formación da Xunta de Galicia na Universidade de Vigo segue denunciando o agravio comparativo que supón a limitación de 30 horas de docencia anual

O persoal investigador posdoutoral en formación da Xunta de Galicia na Universidade de Vigo segue denunciando o agravio comparativo que supón a limitación de 30 horas de docencia anual, limitación que noutras convocatorias de ámbito estatal sitúase entre 80 e 100 horas ao ano, e que incluso nas propias axudas predoutorais da Xunta é de 60 horas anuais. Esta decisión arbitraria da Xunta imposibilita “de facto” adquirir competencias esenciais para a incorporación efectiva do persoal formado nas Universidades do SUG ao sistema Galego de I+D+i.

O programa de axudas á etapa de formación posdoutoral pretende fomentar a adquisición de destrezas e a capacitación do persoal investigador nas súas etapas iniciais. Porén, a limitación imposta na capacidade docente, moi por debaixo das 100 horas que estipula como máximo a Lei da Ciencia, prexudica gravemente a formación do persoal investigador nun ámbito clave para o desenvolvemento da súa carreira profesional.

Así pois, o pasado mes de xullo investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo enviaron un escrito á Xunta de Galicia solicitando a acumulación de docencia. Solicitude que, a día de hoxe, non obtivo resposta por parte da administración galega, denotando un completo desleixo de cara á formación e á consolidación do talento formado nas Universidades Galegas.

Ademais, anuncian que están avaliando diferentes medidas para continuar coa súa reivindicación, pois entenden que esixir a equiparación en capacidade docente cos límites asociados a outras convocatorias de ámbito estatal é unha cuestión de xustiza e necesaria para poder progresar na carreira investigadora.