España na encrucillada

Manuel Ruiz
Manuel Ruiz Robles

“España é unha deformación grotesca da civilización europea” Luces de bohemia. Ramón María do Valle Inclán (1866 – 1936).

Fronte á inviolabilidade e opacidade da monarquía, instaurada pola ditadura mediante as súas leis de sucesión, aínda vixentes, está a realidade do estado plurinacional democrático, que emerxe de entre as ruínas do franquismo.

O ostentoso acoirazado monárquico, botado por Franco fai máis de medio século (22 de xullo de 1969), quedou ferido de morte polos xigantescos escándalos económicos e opacidade dos borbóns, unha dinastía moi peculiar que protagonizou historicamente a tráxica decadencia da nosa patria.

A reforma do franquismo, que apontoou as vellas cadernas da nave borbónica, non dá máis de si. Os seus roídos remaches van saltando un tras outro desgastados pola ferruxe do tempos, consumidos polos insoportables escándalos da Coroa e a barafunda golpista da extrema dereita.

O republicanismo é unha realidade social puxante, con fortes raíces populares e históricas, que busca unha saída digna á grave crise de lexitimidade da dinastía reinstaurada manu militari polo ditador e xefe do exército do 18 de xullo.

As forzas plurinacionais que sustentan ao Goberno de coalición, liderado polo socialista Pedro Sánchez, abren unha oportunidade histórica que non se debese desaproveitar. A saber, o inicio dun proceso de diálogo que faga posible unha reflexión serena sobre o futuro do noso país, incluído o posible dereito á independencia das vellas nacións históricas (Catalunya, Euskadi, Galicia).

Reflexión da que puidese derivarse un proxecto de estado federal, ou confederal; punto de arranque para o inicio dun proceso constituínte en liberdade, sen interferencias espurias de determinados estamentos non democráticos.

Estamentos que, como o exército, a xudicatura ou a coroa, submisos a USA e a OTAN, non representan a soberanía do pobo español, nin tampouco a soberanía das nacións históricas da nosa patria común, pois tales estamentos non emanan de ningún proceso constituínte lexítimo, senón da ditadura franquista da que proceden.

A pulsión cantonalista incrustada na constitución borbónica do 78, deu lugar ao “café para todos”, é dicir aos 17 parlamentos autonómicos con capacidade lexislativa, que desangran ao país con inxentes burocracias improdutivas. Tal arquitectura territorial haberá de ser simplificada na etapa constituínte, que sen dúbida haberá de darse máis pronto que tarde, cando o pobo español perciba a necesidade e urxencia das transformacións democráticas ineludibles.

Manuel Ruiz Robles, Capitán de Navío da Armada (R)