“Se soubese que viñas, tería cociñado un pastel”

Marta Rodríguez Márquez Secretaria do PP de A Cañiza
Marta Rodríguez Márquez Secretaria do PP de A Cañiza

Ilusión. Unha palabra que parece cobrar forza nas datas que se acercan e, que moitos de nós tiñamos adormecida no noso día a día como consecuencia de todo o que estamos a vivir nos últimos tempos. É unha palabra que pode parecer que non está suficientemente presente nas nosas vidas, pero como non sempre as cousas son como parecen, ilusión é un vocablo ao que o idioma lle otorgou o don da polisemia e a peculariedade de ter acepcións algo contradictorias entre si.

Polo tanto, ilusión pode facer referencia á esperanza, ao anhelo ou á confianza e, por outra banda facer referencia á alucinación, ao delirio ou a un espexismo. Ainda que se nos referimos a estes conceptos dentro do marco do espectáculo, poderían aparecer xuntos e incluso complementarse.

Remanguémonos entón, e parémonos un momento para analizar detidamente o movemento de mans, mentres pasamos a cámara lenta a escena do panorama político actual. De seguro que descubriremos algúns dos trucos dos ilusionistas máis relevantes do momento.

Mentres o goberno socialista central xoga a mostarnos cunha man a “tarta” das pagas, as subvencións, os cheques regalo e as subidas pantasmas dos salarios e pensións, coa outra man detrás das costas, agochan todas esas manobras ilegais que decoran con adxetivos milagrosos que de repente as converten en beneficiosas. E beneficiosas sí que son (para algúns). Pero apaludimos, porque a “tarta” é xugosa, e aínda que ten un cheiro algo rancio, xa o di o refrán “a cabalo regalado…”

Ademáis desa “tarta” tamén dependen os gobernos socilistas municipais, que se alimentan das farangullas que lle botan os de arriba para captar adeptos, que co espellismo da algarabía porque lles tocou una ración dese “dulce” tan suculento, abrazan ilusionados a idea de que lla reclamen despois, para pagar subidas masivas de impostos, subidas dos soldos do alcalde ou complementos salariais ilegais para retribuir a antigos socios. E con ese nivel de delirio, convéncenos de que temos que pagar máis aranceis porque non hai recursos, pero sen haber eses recursos seguen obrigándonos a pagar cos nosos impostos subidas de soldos e complementos salariais de varios miles de euros. E todo isto, ao mesmo tempo que o propio trilero esconde debaixo dun dos seus botes, unha imputación por un posible delito de prevaricación. Pero aplaudimos aínda máis forte, seducidos pola marabilla da paradoxa.

Este proceso tan elaborado e tan ben distribuido por todo o territorio, estase convertendo nun sistema aleccoinador indoloro que pretende levarnos ao terreo donde os da esquerda están máis cómodos. Desde o presidente da nación hasta o alcalde máis insignificante, nun tempo no que ningún estamos para contos, tentan adormécennos cada noite con confabulacións disfrazadas de fábulas e historietas propias das bandas deseñadas de Mortadelo e Filemón, para tratar de espertarnos cada día coa ensoñación dunha realidade que non existe.

Xa o cantaba Gracie Fiels alá polos anos 50 nunha canción que levaba por título, “se soubese que viñas, tería cociñado un pastel”. Este parece ser o truco de maxia destes nosos gobernantes: cociñarnos o pastel e ofrecérnolo cunha man, mentres nolo piden de volta coa outra. Pero cando o entregamos, facémolo encantados, porque aínda nos invade esa “ilusión” de ter recibido a “nosa parte”.

E como é tarefa dun bo ilusionista facernos ver unha situación manipulada como real e ao mesmo tempo conseguir que a contemplemos con ese sentimento tan acicate que é a esperanza, rematamos convertidos en rebaños de ovellas, pero iso si, moi motivados.

E así é como unha palabra pasa de parecer non ter apenas presencia, a invadir cada centímetro da nosa realidade.

Felices Festas e que a polisemia non vos impida un próspero ano novo.