O PP de Redondela amosa a súa satisfacción polo arquivo da querela por calumnias interposta por Digna Rivas ao voceiro popular Javier Bas

O PP de Redondela amosa a súa satisfacción polo arquivo da querela por calumnias interposta por Digna Rivas ao voceiro popular Javier Bas

O Auto do Xulgado é contundente, decreta o arquivo das actuacións, e ratifica a veracidade das declaracións do voceiro popular nas que afirmaba que a alcaldesa firmou e enviou documentación manipulada para a obtención dunha subvención, e que o fixo, co seu coñecemento e consentimento

Os populares indicaron que este intento de xudicializar as liortas políticas demostra o gran nerviosismo de Digna Rivas no seu intento de ocultar a súa responsabilidade nas irregularidades detectadas

Redondela, 12 de xaneiro de 2024.

O Grupo Municipal do PP de Redondela amosa a súa satisfacción polo arquivo da querela por calumnias interposta por Digna Rivas ao voceiro popular, Javier Bas.

A alcaldesa interpuxo a querela contra Bas o pasado mes de novembro despois de que este ofrecera información veraz sobre as irregularidades cometidas na solicitude dunha axuda para a rehabilitación da Praza de Abastos de Redondela.

Javier Bas indicou que “ a Xustiza está para cousas moito máis importantes que para as “rabietas” da actual alcaldesa”.

Bas, precisou tamén, que esta tentativa de xudicializar as liortas políticas mostra o alto grado de nerviosismo de Digna Rivas no seu intento de ocultar a súa responsabilidade nas irregularidades detectadas.

O Auto do Xulgado é contundente e decreta o sobresemento libre e o arquivo das actuacións, por non ser feitos constitutivos de delito, e tivo lugar no mesmo día no que o voceiro popular prestou a súa declaración ante o xulgado, e presentou toda a documentación que acreditaba a veracidade das irregularidades detectadas en dita solicitude de subvención.

O Auto do xulgado recolle que Digna Rivas, na súa condición de alcaldesa, firmou e enviou a documentación para a obtención da subvención que incorporaba documentación presuntamente alterada, e que o fai, co seu coñecemento e consentimento.

O intento da Sra. Rivas de impedir o dereito de opinión dun concelleiro da corporación no exercicio do seu traballo de fiscalización, tamén ten resposta no auto, indicando que debe prevalecer o dereito á liberdade de expresión xa que as frases proferidas polo Sr. Bas, non foron frases nin expresións aldraxantes ou ofensivas. “

Seguirei vixiante en que se cumpra sempre a legalidade no noso concello, que non se merece, baixo ningún concepto, o rumbo de deriva e abandono que lle está a dar Digna Rivas”, finalizou Bas.