Humanización da avenida de Mendinho, Peirao de Cesantes, Escola Infantil de Chapela, vivenda de promoción pública, pistas atletismo que o PP rexeito.
Os orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2024 foron calificados como “decepcionantes” dende o Bloque Nacionalista Galego. No seu comunicado manifestan a súa indignación “ao non recoller partidas clave para que Redondela no eido económico, educativo, promoción vivenda pública, medioambiental ou humanizacións”. Malia teren presentado diversas emendas ás contas do goberno de Rueda, “volveron a atoparse con non do Partido Popular”.
Unha partida total que se aproxima aos 5`8 millóns de euros. “Inversións que pretenden desatascar proxectos fundamentais para a sectores como a pesca tradicional e o marisqueo como a reforma do Peirao de Cesantes”.
“Prantexámoslle a traverso das nosas iniciativas ao goberno galego que se contemplaran orzamentos para a Escola Infantil de Chapela, e a resposta foi o non”, lamentan. Igualmente unha partida para enfrentar as obras para cubrir os patios cubertos dos colexios de Redondela, que tamén foi rexeitada. Neste eido educativo, igualmente presentaron unha emenda para negociar co concello unha “verdadeira biblioteca pública acorde coas demandas e necesidades redondelás, proposta que tamén rexeitaron”, sinalan no seu comunicado.
En canto á humanización da Avenida de Mendiño entre o casco urbán de Redondela e o porto de Cesantes “perservera o goberno da Xunta en negar a recuperación dunha zoa dotada de equipamentos deportivos, sanitarios e sociais, que permitiría un acceso amable e mellora na seguridade viaria da veciñanza de Catapeixe”, asegura.
O acceso á vivenda para aquelas economías que máis duramente están sufrindo as políticas económicas foi tamén prantexado nas emendas nacionalistas. “Dende a Xunta fixeron oídos xordos ás nosas propostas para que en Redondela se fomente a vivenda de promoción pública”. Unha partida dun millón de euros, que consideran imprescindíbeis neste eido.
A dotación de persoal nos centros de saúde, unha partida de cincocentos mil euros para pistas de atletismo ou fondos para saneamento, tamén foron rexeitados polo “goberno galego”
onsideran imprescindíbel para o futuro de Redondela un cambio no goberno galego nas vinderias eleccións do 18 de febreiro. “Ana Pontón vai ser a presidenta galega