O BNG acusa ao PP de facer electoralismo unha vez máis coa promesa dun CIS para a Guarda

BNG acusa ao PP de facer electoralismo unha vez máis coa promesa dun CIS para a Guarda

Anxo Baz:”Os terreos das Coutadas no que anuncian o CIS son privados e non teñen orzamentos para poder mercalos, tampouco teñen a cualificación de terreo dotacional”

Trala histórica mobilización en defensa da sanidade, o PP desembarca na Guarda a facer
electoralismo coa vella promesa de facer un CIS (Centro Integral de Saúde) para A Guarda.

O concello non dispón dos terreos nas Coutadas onde anuncian a construción do CIS. Terían pois que iniciar a adquisición deste terreo, cousa complicada, xa que o equipo de goberno da Guarda, non ten redactado nin aprobados orzamentos para este ano.

Este terreo non está catalogado no PXOM como terreo para equipamentos o que impide levar adiante este ou calquera outro proxecto nun prazo razoábel de tempo. Requiriría unha modificación do PXOM para transformalo en chan dotacional o que atrasaría o proceso antes de poder iniciar a construción do hipotético CIS.


Para Anxo Baz, portavoz do BNG “trátase dunha repetida promesa electoral do PP, que o único que pretende e agochar os recortes e a mala xestión da Xunta de Galiza en materia de sanidade”.


O nacionalista rematou concluíndo “si o alcalde da Guarda, o Conselleiro de Sanidade e o PP tiveran intención de solucionar realmente os problemas reais en materia de sanidade que ten a nosa localidade, escoitarían as demandas da veciñanza e empezarían por dotar o Baixo-Miño dunha ambulancia medicalizada, dun dobre equipo médico para o PAC da Guarda, e por cubrir as prazas de falcultativ@s que están vacantes así como as baixas do persoal sanitario”.